Miguel
Lamas é un músico galego nado en Fene en 1993. A súa traxectoria musical
está avalada polo traballo xunto a artistas como Raimundo Amador, Miguel Ríos,
Tomasito, O´Funkl´illo, Abraham Mateo, e actualmente con Miriam Rodríguez e
Dani Martín. Tamén traballou como músico de estudo gravando baterías on-line
para todo o mundo nos Studios PKO de Madrid. Endorser ou
probador de marcas como Pearl, Meinl, Promark, Evans, Shure ou Eartprotech, o
traballo deste batería materializouse grazas á aportación de Iago Mouriño
(piano), Pablo Añón (saxo) e Octavio Vargas (baixo), que o acompañarán no
directo do Armenteira Jazz, e que son músicos cos que medrou desde os comezos
da súa carreira artística.
O
cuarteto Miguel Lamas Quartet ofreceranos unha regresión ao seu primeiro disco, Meltes Lives,
unha fusión de música jazz con funk dos anos 70 e coa improvisación como fío
condutor. Con Pablo
Añón ao saxo alto, Iago
Mouriño ao piano, Octavio
Vargas ao baixo eléctrico e Miguel
Lamas á batería, encargaranse de abrir o Armenteira
Jazz`2020 o venres, 17 de xullo, a partir das 21:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario