Buscar neste blog

luns, 30 de maio de 2016

Emotivo relevo na xerencia do Café Bar O Comercio

O Café Bar O Comercio viviu esta fin de semana un emotivo relevo na xerencia neste local tan emblemático na vida dos veciños e veciñas de A Armenteira. María Rodríguez e Diego Dadín decidiron poñer fin a un proxecto que iniciaron fai dous anos. Neste período, María e Diego, coa súa entregada labor gañáronse o cariño e a simpatía da numerosa clientela que conseguiron atraer cara o seu local. Os bocadillos, as tapas, as copas e a atención que tan amablemente prestaban convertiu ao Café Bar O Comercio nun referente no ocio e na hostalería da contorna e, especialmente nas fins de semana e nos períodos vacacionais de Semana Santa e do verán, o ambiente deste establecemento nada tiña que envexar ao de moitos locais das principais zonas turísticas. A casualidade fixo coincidir este cambio na xerencia co cumpreanos de María, o que foi aproveitado polos seus achegados para organizar unha gran festa que congregou a un gran número de persoas. Estes veciños de Couso inician agora unha nova etapa profesional, como tamén o fará María, a outra María Rodríguez, que ocupou o cargo de camareira nos últimos meses e pola que tanto aprecio sentía a clientela. O relevo será tomado agora por Serafín Melón, un veciño de O Busto cunha ampla experiencia no mundo da hostalería, que durante anos rexentou a cafetería do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela.



Ningún comentario:

Publicar un comentario