O Armenteira Veteranos acadou na tarde do pasado sábado un meritorio empate a dous goles no encontro que disputou no Campo Javier Guimeráns de Hío, en Cangas do Morrazo, ante o Pumas-Café Latino. Foi un un partido no que o conxunto local tratou de levar o control do partido, amparado pola súa maior capacidade para ter o control do balón. O Pumas conseguiu adiantarse no marcador pero, un penalti provocado e transformado por Jorge Castro deu a igualada momentánea á escadra verdinegra e deixou cun xogador menos aos locais, aínda que, de seguido, o equipo cangués, tamén de penalti, volveu a poñerse por diante. De novo Jorge Castro, en xogada individual, puxo o dous a dous, resultado co que finalizaría a primeira parte e tamén sería o resultado final. Con este empate o Armenteira Veteranos continúa na duodécima plaza da clasificación, posto que agarda manter despois da visita o Viajes Inter-Rías Villalonga, un equipo que ocupa o terceiro lugar no grupo con once puntos máis ca o Armenteira Veteranos.
Buscar neste blog
sábado, 5 de decembro de 2015
venres, 4 de decembro de 2015
Vilalonga F.C. e Armenteira C.F. disputan un amigable cos seus equipos de categoría benxamín en O Revel
O campo de O Revel, en Vilalonga, será o escenario no que este sábado, a partires das 11:30 horas se medirán o conxunto local de Vilalonga F.C. e o Armenteira C.F. Será unha oportunidade para que ambos técnicos, os cambadeses Johan González e Valentín Estévez, vaian completando a rodaxe dos seus planteis e fagan as probas que son máis difíciles de levar a cabo nos partidos de liga. No caso do equipo verdinegro, o adestrador aproveitará este evento para dar minutos a algúns xogadores de categoría prebenxamín e biberón que levan dende principio de temporada traballando co grupo e que agardan con ilusión esta cita. As boas relacións que unen a ambos clubes convertirán este encontro nunha xornada de convivencia e de disfrute da práctica deportiva a nivel formativo, que é o principal obxectivo co que parten ambos equipos.
O Armenteira Veteranos desprázase á parroquia canguesa de Hío para enfrontarse ao Pumas-Café Latino
O Armenteira Veteranos disputará este sábado, a partires das 16:15 horas, o partido correspondente á xornada 14 de liga do grupo 4A da liga de veteranos da zona de Pontevedra. O rival nesta ocasión será o Pumas-Café Latino, un conxunto no que a maior parte dos xogadores son de orixe latinoamericana, polo que sempre se caracterizou polo bo trato do balón e o seu carácter competitivo. O encontro terá lugar no Campo Javier Guimeráns, na parroquia Hío, en Cangas do Morrazo, onde xoga habitualmente os seus partidos o F.C. Cruceiro. O equipo cangués ocupa a sexta posición na táboa con vinteséis puntos, sete máis ca o Armenteira Veteranos, polo que se prevé que vai ser unha dura proba para os xogadores do equipo verdinegro.
O lugar de Silván celebra a partires deste domingo as festas de San Nicolao
O lugar de Silván celebra o domingo día 6 e o luns día 7 de decembro as súas tradicionais festas na honra de San Nicolao. As festas darán comezo o domingo mañá cunha alborada a cargo dunha banda de música que percorrerá os lugares do entorno. A continuación, ás 12 horas terá lugar a misa solemne na capela adicada ao santo motivo deste festexo, que será seguida dunha sesión vermouth coa actuación da mesma banda. Pola noite, a partires das 21:30 horas iniciarase a verbena a cargo das orquestras Marbella e Xacobeo. Xa no luns, haberá unha misa solemne a partires das 12:30 horas, seguida das poxas das ofrendas que para esta fin se fan ao santo e, pola noite, a partires das 21:30 actuarán a orquestra Jerusalén e o grupo La Noche. Dase a curiosidadade de que este lugar se atopa repartido entre as parroquias de San Salvador de Meis e A Armenteira, e os veciños de ámbalas dúas partes colaboran na Comisión que organiza estas feitas, que xa se converteron nun evento arraigado no panomara festivo do Concello de Meis, que soe congregar a xentes dos distintas zonas da comarca.
domingo, 29 de novembro de 2015
Actuacións aceptables aínda con fortuna desigual para os equipos de fútbol base do Armenteira C.F.
Os equipos de fútbol base do Armenteira C.F. tiveron unha sorte desigual nos encontros disputados na xornada deste fin de semana, na que finalmente só o equipo alevín conseguiu saír vitorioso. O descanso das respectivas ligas na próxima fin de semana permitirá dar un respiro no intenso traballo que están a levar cada un dos conxuntos da entidade verdinegra.
O equipo benxamín caiu derrotado no encontro que o sábado disputou no campo de O Terrón, ante a E.F.B. Vilanova, que acabou vencendo á escadra que adestra Valentín Estévez por doce goles a cero. O conxunto de O Leixo segue demostrando que ten marxe de mellora e que vai cumprindo pouco a pouco os obxectivos cos que partiron a principio de temporada. Na próxima xornada, dentro de dúas semanas, terán que recbir a visita da U.S.D. de O Grove, un cadro que ocupa a quinta posición con vintedous puntos.
O equipo cadete recibía o sábado á E.D. Arousa S.D. B, un conxunto que deixou claro sobre o terreo de xogo de O Leixo que é hoxe en día unha das mellores escolas de formación en fútbol base da zona, e acabou vencendo por un gol a dous aos rapaces que nesta ocasión foron dirixidos por Víctor Saborido. O gol de Mathias, que adiantaba aos locais no marcador, foi insuficiente ante un rival que demostrou ter máis criterio no manexo do balón e que impuxo a súa calidade nos metros finais. Na vindeira xornada, dentro de dúas semanas, o equipo cadete debe desprazarse a terras vilagarcianas para medirse ao C.D. Bamio, actual colista do grupo.
O cadro alevín tivo un difícil encontro no campo de Berdón, en Vilagarcía de Arousa, O A.D. Arousa F-7 foi un digno rival para a formación que adestra Jonathan Crespo, mostrándose coma un conxunto serio e ordeado e con boas condicións físicas, a pesares de que ocupa provisionalmente a última praza na táboa. O desacerto no remate e a falta de claridade no toque fixeron que o sufrimento se fose estendendo entre os xogadores visitantes pero, un gol de Manu Meixús a dez minutos do final permitiulles levar os tres puntos e manterse na pugna polos postos altos da clasificación, Na vindeira xornada, o 12 de decembro, o equipo alevín recibe a visita do Barro C.F., que se atopa na undécima posición con nove puntos.
O último encontro da xornada para os equipos de fútbol base do Armenteira C.F. disputouno unha vez máis o equipo infantil, que nesta ocasión recibía no campo de O Pombal, en Cambados, ao Portonovo S.D. B. Os rapaces que dirixe Martín Casais están mostrando notables progresos, e xornada a xornada, vese que o acoplamento e o rigor táctico son cada vez maiores. Con todo, son moitos os aspectos a mellorar, como se volveu a manifestar no encontro deste domingo, no que o rival acabou plasmando a súa superioridade e vencendo aos verdinegros por un gol a seis. Os constantes desacertos do colexiado Gómez Cerqueiro fixeron aflorar as protestas nun encontro no que os locais tiveron ocasións para aumentar o marcador, pero só conseguiron materializar unha por mediación do dianteiro alevín Zubo. Na próxima xornada deberán visitar o campo de As Cachizas para enfrontarse ao Unión Dena C.F., un conxunto que ocupa a quinta plaza con vinte puntos.

sábado, 28 de novembro de 2015
Clara derrota do Armenteira Veteranos ante o Terras do Umia S.D.
O Armenteira Veteranos sufriu na tarde deste sábado unha clara derrota ante o líder do grupo 4A, o conxunto caldense do Terras do Umia S.D. Nun encontro no que os visitantes se puxeron con dous goles da vantaxe nos primeiros minutos do encontro os verdinegros trataron de plantar cara a un rival que demostrou que o posto que ocupa na táboa non é froito da casualidade. Rafa, dende longa distancia, como nos ten acostumados, e Galiñanes, aproveitando o exceso de confianza do porteiro caldense á hora de querer xogar o balón cos pés, anotaron os goles do Armenteira Veteranos, ata conformar o resultado de dous a cinco co que concluiu o encontro. A liga non se deterá a pesares da ponte da próxima fin de semana, e o conxunto verdinegro deberá visitar a localidade de Cangas do Morrazo para medirse ao Pumas Café Latino, que ocupa o sexto posto na clasificación con sete puntos máis ca eles.
venres, 27 de novembro de 2015
O Armenteira Veteranos recibe a visita do líder do grupo, o Terras do Umia S.D.
O Armenteira Veteranos recibe este sábado, no campo de O Leixo, a partires das 16:15 horas, ao Terras do Umia S.D. O cadro verdinegro leva dous triunfos consecutivos, que o acomodaron na zona tranquila da táboa, no décimo posto, con dezanove puntos, pero nesta ocasión terá un duro test ante o conxunto caldense, que se atopa no primeiro lugar e que sufriu unha soa derrota no que levamos de temporada. O conxunto local non poderá contar con Portas nin con Moncho, por acumulación de tarxetas, polo que se verá resentido na parcela defensiva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)