O Armenteira Veteranos sufriu na tarde deste sábado unha clara derrota ante o líder do grupo 4A, o conxunto caldense do Terras do Umia S.D. Nun encontro no que os visitantes se puxeron con dous goles da vantaxe nos primeiros minutos do encontro os verdinegros trataron de plantar cara a un rival que demostrou que o posto que ocupa na táboa non é froito da casualidade. Rafa, dende longa distancia, como nos ten acostumados, e Galiñanes, aproveitando o exceso de confianza do porteiro caldense á hora de querer xogar o balón cos pés, anotaron os goles do Armenteira Veteranos, ata conformar o resultado de dous a cinco co que concluiu o encontro. A liga non se deterá a pesares da ponte da próxima fin de semana, e o conxunto verdinegro deberá visitar a localidade de Cangas do Morrazo para medirse ao Pumas Café Latino, que ocupa o sexto posto na clasificación con sete puntos máis ca eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario