A historia, ou sendo quizais máis rigurosos a lenda, outorga a Don Ero a fundación do mosteiro de A Armenteira. Sería el o que se encargaría de mandar construír unha edficación na ladeira occidental do monte Castrove, nun lugar da súa propiedade, para retirarse a decansar tras moitos anos de combate ao servizo do rei Alfonso VII. A ubicación obedecía de forma rigorosa ás normas ditadas pola Orde do Císter, que establecían que os novos mosteiros en zonas apartadas e poucos frecuentadas polos seres humanos. Non se pode afirmar con claridade que este papel de fundador fose exercido por Don Ero, xa que diversos achádegos parecen indicarnos que as orixes do mosteiro se romantan a unha época anterior. Pero o que si parece máis claro é que sería Don Ero o abade que durante o seu mandato incorporou o cenobio á orde do Císter. Este feito explicaría a cantidade de lendas atribuídas a este personaxe, que tratarían de darlle un carácter mítico e lexendario, para realzar e encher de grandeza a adhesión de A Armenteira á Orde auspiciada por San Bernardo de Claraval.
Fronte á gran popularidade da que goza Don Ero, outros abades e monxes que habitaron no mosteiro de A Armenteira permanecen case no absoluto anonimato. Unha desas figuras é Domingo de Armenteira, un personaxe que exerceu o cargo de abade nos anos iniciais do século XIV. Aínda que as referencias históricas son moi escasas, crónicas de monxes cistercienses da época, así como de laicos que o coñeceron, ensalzan as súas virtudes e a súa santidade xa en vida. Parece ser que tiña orixe española e que foi unha persoa cabal e con dotes providenciais, que soubo dirixir con tino a abadía nuns momentos que non foron para nada fáciles. Foi o século XIV un período no que unha terrible crise se extendeu por toda Europa. A fame, a peste, a guerra ou os ataques dos bandoleiros azoutaron con crueldade a estas terras, e aquí en Galicia as comunidades monásticas non foron alleas aos padecementos que provocou esta gran depresión. Incluso houbo mosteiros que viron perigar a súa existencia. Nestes momentos tan compricados os monxes de A Armenteira lograron sobrevivir en base a longas xornadas laborais, repartidas entre o traballo e a oración. Entregado ao seu oficio, o abade Domingo dirixiu con rectitude o convento, e non lle faltou tempo para atender as numerosas visitas de devotos e devotas que acudían en busca de curacións, curacións que hai quen di que continuaron tras a súa morte. Facendo gala de súa humilde, ao falecer fíxo que o soterrasen á porta da igrexa, para que todo o mundo puidede pisar a súa tumba. Enriba da cadaleito os monxes colocaron unha lousa labrada cun relevo coa figura do abade Domingo suxeitando un báculo na man esquerda e coa Regra de San Bieito na man dereita. Contan que eran moitas as persoas enfermas que se tendían sobre a súa tumba, para despois erguerse sas e libres de todo mal. Hai quen di ademais que había un burato na lápida, á altura da cabeza, do cal as xentes quitaban terra, coa que se fregaban a cara e o pescozo, ou que levaban a modo de amuleto, para desta maneira conseguir vencer determinadas enfermidades. Ao igual que moitos outros sepulcros que existían nas distintas dependencias do mosteiro de A Armenteira a lápida do abade Domingo desapareceu. Non se sabe cal puido ser o seu destino, pero independentemente de que os seus restos se sigan atopando nalgún lugar do edificio, o legado que nos deixou este monxe non debe ser esquecido. Convertido en santo, a Igrexa fixou o 21 de agosto como data para honrar a unha figura que posiblemente sexa ignorada por boa parte da poboación, e que sería conveniente lembrar e dar a coñecer, ao igual que ocorre con moitas outras personalidades que tiveron unha relación directa co mosteiro de A Armenteira ou coa parroquia en xeral, e que sen dúdida algunha contribuíron a darlle maior grandeza a un conxunto histórico-artístico e a un magnífico patrimonio natural e cultural que ano tras ano atrae a milleiros de visitantes que de seguro agradecerían poder descubrir as virtudes e as bondades de persoas como Santo Domingo de Armenteira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario