Dunha conversa de cafetería, da mente sempre bulideira de Iván, da iniciativa dunha renovada e atrevida Xunta Directiva e, sobre todo, da proposta dun grupo de rapazas da parroquia e da contorna, así é como naceu a interesante e innovadora idea que o Armenteira Club de Fútbol vai levar a cabo esta temporada: a creación dun equipo feminino. Elas son Aida, Alba, Aless, Ana, Azahara, Carla, Laura, Mar, María, Naomi, Nerea, Patricia, Raquel, Séfora ou Uxía, todas elas baixo a coordinación doutra muller, Nuria. Con idades comprendidas os catorce e os vinteséis anos, a xuventude é unhas das notas característas deste grupo de xogadoras. Algunhas delas xa militaron noutros clubes, pero para a maioría delas o partido deste mércores 31 de agosto no campo de O Pombal ante o C. Xuventude Cambados será a súa primeira experiencia sobre un terreo de xogo. Á fronte do grupo está Marcial Prado, adestrador do equipo cadete do Armenteira C.F. durante os últimos anos e que agora lidera un corpo técnico do que tamén forman parte Iván Borrageiros e Junior Tirado. A ilusión, as gañas por aprender e por descubrir os moitos segredos que garda o mundo do balompé, así como a súa actitude positiva e construtiva e a súa implicación co clube ao que representan fan do Armenteira C.F. Féminas un proxecto no que a Xunta Directiva, a masa social e, en xeral, a gran familia que é este clube, teña depositadas moitas esperanzas para lograr que o auxe de o fútbol feminino se extenda tamén por unha parroquia que emerxeu oficialmente para o fútbol aló por 1995 e que na súa historia tivo futbolistas do nivel de Eva López, internacional coa selección galega en varias ocasións, e que na actualidade conta nas súas categorías de fútbol base con rapazas como Ainoha, Sara Otero, Sabela, Sara Rey ou Anabel, ás que esta temporada se uniron outras nenas que nos permiten afirmar que o futuro do fútbol feminino en A Armenteira está máis que asegurado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario