O membro do corpo técnico do equipo feminino do Armenteira C.F. e tamén directivo Iván Borrageiros, que xunto con Junior Tirado tivo que asumir a responsabilidade do dirixir o equipo ante a sanción do primeiro adestrador Marcial Prado, mostrábase satisfeito ao final do partido que mediu ao seu equipo co C.F. Rúa-Valdeorras. "
Tiñamos moitas baixas, algunha delas de vital importancia". "
Dende que comezamos a adestrar este verán vémonos afectados por unha auténtica praga de lesións". "
Agás nos primeiros partidos de pretemporada non houbo ningunha convocatoria para a que non tivéramos ningunha xogadora lesionada". "
Este domingo xa foi o colmo. Atópamonos con moitísimos problemas para xuntar once xogadoras. Xa tiñamos bastante coa lesión de Uxía, que nos obrigou a recompoñer a alineación para situar a Karla na portería e vemos agora como se lesiona Ana Martínez", resaltando o papel de referente no grupo que exerce a xogadora de Ribadumia, capitana e máxima goleadora do equipo. "
Pese a todos estes problemas soubemos competir con dignidade" afirmou. "
Eu son home de fe, e agardo que as lesións nos comecen a abandonar". "
Eu sempre crin nas nosas posibilidades. As miñas expectativas quizais eran demasiado altas. Pensaba que podiamos acadar o sétimo ou o oitava posto. De feito, incluso cheguei a facer alguna aposta". Con todo, o técnico de San Amedio aínda confía en lograr algún triunfo máis. "
A vitoria en A Estrada contribuiu a reforzar a moral do grupo". Móstrase orgulloso da actitude das xogadoras: "
Os resultados non están acompañando pero seguimos mantendo a ilusión por seguir mellorando. Iso ten verdadeiro mérito". Ante a posibilidade de reforzar o equipo de cara a segunda volta da liga indicou: "
Estamos á espera dalgunha incorporación de forma inmediata. E é posible que durante o parón de Nadal se incorporore algunha xogadora máis. Tanto Marcial, coma Junior coma eu consideramos que hai posicións que non están suficientemente ben cubertas". Aínda así, admite as dificultades ás que pode ter o clube para atopar xogadoras, pero reitera: "
O estado do terreo de xogo, cun campo de terra, pode resultar pouco atractivo para que as rapazas que animen a vir xogar ao Armenteira C.F., pero, en cambio, contamos co aval do bo ambiente que sempre nos caracterizou. Somos coma unha gran familia na que todos participamos, colaboramos e damos a nosa opinión".
Ningún comentario:
Publicar un comentario