Non é A Armenteira unha parroquia que destaque pola súa intensa actividade industrial. Para ben ou para mal os seus recursos xiran arredor de agricultura, da silvicultura, do turismo e da restauración e a hostelaría. Pero houbo tempos nos que se promoveron iniciativas industriais pioneiras, innovadoras e orixinais, que marcaban tendencia dentro da incipiente industria que existía na comarca. En plena Ruta da Pedra e da Auga, á altura do lugar de Couso, na área coñecida como Bouza de Castromao, consérvanse os restos dun antigo aserradoiro. Na actualidade só se conservan as pedras que servían de base a unha nora ou roda que aproveitaba toda a forza da enerxía hidráulica que proporcionaba o río Armenteira no seu descenso polas ladeiras do Monte Castrove ata desembocar no Umia. A forza da auga movería as serras que transformarían as táboas os inmensos recursos forestais que entón, quizais mellor aproveitados que agora, abundaban no entorno. Pero, tras vivir o seu apoxeo a comezos do século XX, a chegada da enerxía eléctrica faría que a forza da auga acabase sendo substituída por esta nova fonte de enerxía, e, mediada a centuria, o antigo aserradoiro da Bouza de Castromao, fose abandonado. Tratou o señor Juan, o seu promotor, un pericioso e vocacional carpinteiro, continuar coa actividade nas proximidades do seu domicilio, na aldea de As Pedras, pero non contou co apoio nin cos seus precisos para facelo. No entanto, no lugar do aserradoiro ergueríase un muíño, que seguiría utilizando a forza da auga, aínda que neste caso para transformar outro recurso abondoso na zona, o millo, en fariña, tan necesaria na economía de base eminentemente agraria da época. O muíño, ao que os traballos de recuperación denominaron Muíño do Souto, denominación a todas luces imprecisa, pois O Souto non se corresponde co lugar no que está situado, que como xa se mencionou é a Bouza de Castromao, senón que se trata da zona do lugar de Couso no que habita a familia propietaria, na actualidade a familia Carro. É un dos muíños mellor conservados dos que se poden observar ao longo da Ruta da Pedra e da Auga, que, de feito, se mantivo en funcionamento ata fai unhas décadas, e, se nos achegamos a algún dos seus ventanucos podemos contemplar aínda enseres dos tempos nos que os grans de millo e centeo fluían arredor da pedra de moer. Completa este espectacular complexo de arquitectura popular, un dos mellores exemplos do patrimonio etnográfico da parroquia, unha ponte da que se desprende unha fervenza que reforza o son bulideiro das augas dun río Armenteira que por estes lares percorre aínda o seu curso alto. A beleza do entorno, entre as árbores e a frondosa natureza da Bouza de Castromao, e coas antigas pradeiras do Batán Vello en fronte, fan del unha parada case obrigada para os milleiros de sendeiristas que cada ano transitan polo seu carón. Os paneis explicativos e o repouso que ofrecen as pedras para tomarse un respiro antes de iniciar un dos treitos máis esixentes da ruta provocan que este descanso no camiño se acabase convertendo case un ritual, seguramente algo moi parecido ao que lle ocorreu a Don Ero fai practicamente un milenio, e, por este moitas das persoas que se sumerxen entre a sombra das árbores para disfrutar deste cada vez máis famoso e concurrido sendeiro deteñen a marcha para relaxarse e deleitarse da tranquilidade e a incomparable fermosura do enclave. Hai quen propuxo transformar este entorno nun establecemento adicado a usos hostaleiros, condicións dende logo reúne, pero o que é certo é que a mellor acción que se pode levar a cabo co antigo aserradoiro da Bouza de Castromao e co muíño que o acompaña é dar a coñecer o que significaron no pasado, para que os visitantes, pero tamén os veciños e veciñas poidan ter a oportunidade de coñecer o noso pasado e iniciativas tan emprendoras como a do señor Juan, un visionario que puxo a andar unha nora e sementou unha idea que curiosamente prendería décadas despois a través dun dos seus descendentes, na emigración, lonxe das nosas fronteiras, onde na actualidade é propietario dunha das industrias máis importantes do sector da carpintería, xa non na ladeira do Monte Castrove, senón ao pé da impoñente Cordilleira dos Alpes. É posible que non vexamos nunca máis rodar a nora, sería unha iniciativa tremendamente interesante que isto ocorrese, pero mentres a forza da auga do río Armenteira e a memoria das xentes permanezan vivas, o aserradoiro, o muíño, o lugar de Couso, a parroquia de A Armenteira e a Ruta da Auga e da Pedra continuarán sendo unha zona de paso, de atracción e de xeración de riqueza, non baseada xa nas táboas nin na fariña, senón no patrimonio, na historia, na natureza e nunhas actividades turísticas nas que este recuncho da comarca de O Salnés constitúe hoxe en día un dos principais referentes da contorna.
Buscar neste blog
martes, 26 de xuño de 2018
luns, 25 de xuño de 2018
O Armenteira C.F. abre o prazo de inscrición nos seus equipos de cara á temporada 2018/2019
O Armenteira C.F. vén de abrir o prazo de inscrición nos seus equipos de cara a próxima temporada, a 2018/2019, tanto no que se refire ás correspondentes á escola de fútbol base, nas que aparte das categorías nas que dispuxo de equipos en competición oficial na presente campaña, benxamín, alevín, infantil e xuvenil, como na correspondente a outra das máis importantes e ambiciosas apostas da entidade que preside Martín Casais durante os dous últimos exercicios, a categoría sénior feminina. Como sinal de identidade, que a diferenza dos demais clubes da comarca ou incluso da provincia, a inscrición volverá a ser totalmente gratuíta, e os futbolistas que se anoten nas distintas categorías do Armenteira C.F. non terán que abonar ningún tipo de cota por formar parte dun plantel que esta temporada se aproximou ás cen licenzas federativas, cifra que agarda manter ou aumentar se é posible, seguindo a progresión que o clube de O Leixo está levando a cabo durante os últimos anos. En pouco máis dunha década a entidade verde e negra pasou de contar unicamente con dous conxuntos a dispoñer de cinco e converterse na primeira entidade futbolística en canto a número de licenzas federativas do Concello de Meis e nun dos referentes neste ámbito a nivel comarcal. Como principal bagaxe da temporada que vén de rematar o Armenteira C.F. presenta como principais éxitos deportivos o subcampionato na Copa Deputación de Pontevedra nas categorías xuvenil e alevín, na modalidade de fútbol-8, dous logros de gran mérito tendo en conta a escaseza de recursos e a precaridade das instalacións do clube de A Armenteira respecto da maior parte dos outros clubes dos arredores. A entrega e a gran labor desenvolvida tanto pola Xunta Directiva como polo corpo técnico, acompañados de toda o gran número de compoñentes dunha entidade que se resiste a perder o carácter familiar co que emprendeu a súa singladura foron claves para sacar adiante outra temporada, que recoñecen que non foi nada fácil, así como para acadar estes importantes logros a nivel deportivo e formativo. De cara á próxima campaña agárdanse importantes novidades que reforcen un proxecto que non só pretende consolidarse, senón que procurará seguir medrando sen perder a filosofía que sempre caracterizou ao clube. En pleno deseño das liñas básicas que trazarán a campaña que comezará no mes de agosto co acto de presentación dos equipos, a Xunta Directiva apostará por importantes novidades que reforcen e afiancen un proxecto que na temporada 2018/2019 terá que dar un paso decisivo na historia dunha entidade que cumpre xa vintetrés anos de historia. Clave neste avance será tanto a planificicación e o crecemento dos equipos, a aposta pola escola de fútbol base e pola organización de eventos, entre eles os torneos deportivos, que volverán ter como emblema a COPA ARMENTEIRA, da que fai apenas un mes se disputou a segunda edición, coa presenza de doce conxuntos de categoría sénior feminina, e que reuniu no campo de O Leixo a unhas trescentas persoas e rematou coa vitoria da S.D. Puentearnelas.
sábado, 23 de xuño de 2018
A asociación veciñal de A Armenteira agarda reunir unhas duascentas persoas no entorno do campo da festa no San Xoán ` 2018
A
Asociación de Veciños e Veciñas de A Armenteira, entidade que, por segundo ano
consecutivo, se encarga de organizar a tradicional fogueira da noite de San
Xoán agarda reunir no entorno do recinto festivo habilitado no campo da festa a
unhas duascentas persoas. No evento non faltarán as sardiñas, o churrasco, os criollos,
o pan de millo, ademais de bebidas e o postre en forma de froita fresca que
axuden a refrescar unha noite que se
prevé de moita calor. Dende fai meses están levando a cabo os preparativos,
pero, será este sábado ,23 de xuño, a partires da 18:00 horas, cando o equipo de
colaboradores se poña mans á obra para organizar os últimos detalles. A
colocación das mesas e as cadeiras, o acendido do lume das grellas e o comezo
do asado das sardiñas, o churrasco e os criollos darán comezo a unha gran festa
que terá o colofón cando os ritmos dunha coñecida discoteca móbil da comarca
encha de ambiente os arredores da Casa de Cultura e as lapas da gran cacharela
se fagan visibles dende varios metros á redonda, ao tempo que as lapas devoran as figuras
dunhas curiosas bonecas confeccionadas específicamente para o acto e o son e o colorido dos foguetes tomen protagonismo entre o silenzo da noite e o bullicio da festa. Para
facilitar a asistencia ao evento, a asociación veciñal decidiu establecer uns
prezos populares, que van dende os cinco euros no caso das persoas adultas que
teñan a consideración de socios ou socias, mentres que para as persoas menores
de 15 anos que non teñan adquirida esa condición a asistencia será gratuíta.
Para as persoas que non reúnan a condición de socios ou socias o prezo será de
dez euros, e, no caso dos menores de 15 anos nesta mesma situación,
terán que abonar cinco euros. E, segundo
lembran, na última asamblea da asociación, celebrada no pasado mes de abril,
acordouse impoñer unha cota únificada tanto para as persoas que residan na
parroquia de A Armenteira como para as que non, que por unidade familiar,
parella e fillos, quedou fixada en dez euros, e a título individual, fixouse en
cinco euros. O prazo de anotación para a fogueira continuará aberto ata intres
antes do inicio da festa, e pode realizarse tanto de forma persoal como a
través dos números de teléfonoa través dos números de teléfono 677225487,
678647709, 666757949, 636396652. O lema deste ano, ao igual ca o
do pasado volve ser ARMENTEIRA ESTÁ QUE ARDE!! Para tal efecto a empresa local AQUAREI PUBLIC elaborou uns chamativos delantais que servirán para identificar aos membros da organización e do equipo de colaboradores e colaboradoras.
venres, 22 de xuño de 2018
O San Xoán, entre o lume, a maxia e o misterio en A Armenteira
A noite de San Xoán constitúe un dos fitos de maior relevancia do calendario festivo anual, tamén en A Armenteira. Dende fai tres anos a nacente Asociación de Veciños e Veciñas de A Armenteira quixo convertir este popular festexo nun momento de convivencia e disfrute común para as xentes da parroquia e dos arredores. Gran cantidade de ritos, lendas e tradicións, transmitidos de xeración en xeración practícanse nun día que especial en case todos os puntos da xeografía galega. Quizais a tradición máis extendida de todas as asociadas á noite de San Xoán é aquela que esixe saltar sobre a cacharela un número de veces impar recitando o
correspondente ensalmo protector “sálvame lumeirada de San Xoán para que non me
morda nin cobra nin can”. Ademais, a confección da auga de San Xoán, na que se mesturan unha serie de especies silvestres como a herba de Santa María, a herba de San Xoán, o fiuncho, o romeiro, a herbaluisa ou a ruda, entre outras, que unha vez depositada na auga recollida de varios mananciais, déixase macerar durante a noite, para que, tras recibir o orballo nocturno, chegada a mañá do propio día de San Xoán, poder realizar con esta auga perfumada e plena de virtudes as correspondentes ablucións, que, pasada esta data tan sinalada servirá de elemento protector capaz de afastar do fogar calquera tipo de mal. Trátase, sen dúbida, dun dos rituais con maior vixencia desta noite tan máxica, pois mantívose case inalterado ata os nosos días. No imaxinario popular relacionan ademais coa noite de San Xoán seres míticos e fabulosos como as mouras, as xanas, as xancias ou as lavandeiras. Son seres que poden sorprendernos saíndonos ao paso en calquera fonte, castro ou ruta esquecida, como se dunha sombra se tratase.
É A Armenteira unha terra na que a maxia e o misterio teñen un enorme peso como, e van indisolublemente asociados ao mosteiro cisterciense que existe na parroquia, unha das principais abadías de Galicia, considerada como un dos mellores expoñentes da arte románica en Galicia, na que se a aúnan características do románico galego e certos rasgos da arte mozárabe, e declarado Monumento Histórico Artístico. A súa fundación atribúese ao célebre abade San Ero no ano 1150. Rapidamente pasou a pertencer á Orde Cisterciense, aló polo 1162, adquirindo a denominación de Santa María de Armenteira. Pouco despois iniciaranse as obras de maior relevancia do mosteiro, entre elas a da igrexa, que, ao igual ca os claustros ou a muralla exterior se conservan en perfecto estado. A igrexa foi construída no ano 1167, seguindo modelos sinxelos doutras construcións arquitectónicas benedictinas, sobre todo das que se poden atopar ao longo do Camiño de Santiago. A portada é realmente magnífica. Conta cun rosetón, de clara infulencia mudéxar, un dos principais emblemas do conxunto arquitectónico, dise que un dos máis fermosos que se teñen visto e parece abrirse como se fose unha flor. No baldaquino, unha réplica moi singular do realizado por Gian Lorenzo Bernini na Basílica de San Pedro do Vaticano, sitúase unha imaxe de Nosa Señora, que leva o curioso título de Virxe das Cabezas. É que, neste templo, todos os Luns de Pascua, son moitas as persoas que achegan ata alí, seguindo os camiños dos antigos peregrinos, para honrar a esta virxe. A tradición di que hai que asistir a misa cunha figura de cera sobre a a cabeza. Sen dúbida é unha forma peculiar de adorar e dar grazas por todo o concedido. Esta virxe relaciónase coa curación de todo tipo de males relacionados coa cabeza. Migrañas, cefaleas ou incluso males de maior gravidade motivan a que os fieis se acheguen a este cenobio.
Este carácter máxico e misterioso que envolve a A Armenteira ten, a súa orixe, como xa mencionamos, no momento da fundación do conxunto monacal e na figura de Don Ero. Este foi un personaxe que habitou no Reino de Galicia e nas terras de A Armenteira, onde se conta que tiña o seu pazo. Da súa vida sábese que estudou artes liberais e que, adicado á profesión militar, estivo ao servizo do emperador Alfonso VII. Casado cunha dama de posición nobiliaria, á que tamén pertencía el, non puido ter descendencia, e nunha das súas moitas ensoñacións aparecéuselle a Virxe para asegurarlles que a vontade de Deus era darlles descendencia, pero, en lugar do fillo que pedían como herdeiro, proporcionaríalles un gran número de fillos espirituais que herdasen os seus bens e a súa casa. Ante tal proposición Don Ero e a súa esposa non dubidaron en acatar a vontade divina e el trasladouse a vivir en soidade nunha ermida. Pola súa parte, a muller de Ero e algunhas damas que estaban ao seu servizo retiráronse a un mosteiro que mandou construír o seu esposo. Pasou o tempo e Don Ero mandou emisarios a San Bernardo, abade de Claraval, en Francia, e este, enviou en 1149 catro monxes cos que puido comezar a fundación do mosteiro, do cal Don Ero sería o primeiro abade. Deste xeito naceu o mosteiro de A Armenteira. E se por algo Don Ero pasou á historia, aparte de pola fundación do mosteiro, é pola incrible lenda que o Rei Alfonso X o Sabio recolle nunha das súas famosas cantigas. Conta esta lenda que Don Ero acostumaba saír algúns días a pasear polo frondoso bosque que rodeaba o mosteiro, nas ladeiras do Monte Castrove. Alfonso X , nunha das súas Cantigas de Santa María, concretamente a número 103, relata como Don Ero entrou un día nunha horta á cal soía acudir moitas veces, e nela atopou unha fonte de auga clara, que emitía un son que parecía murmurar e alí atopou un apacible reposo á sombra dunha árbore. Pechou os ollos o ancián abade e pregou á Virxe: "-Oh, Virxe! que será o Paraíso? Non podería velo antes de saír de aquí como che tiña pregado". Entón, na árbore debaixo da cal descansaba o monxe comezou a cantar unha paxariña. Era un canto tan absorbente, agradable e harmonioso que o veterano abade se esqueceu de que o tempo pasaba e permaneceu alí sentado sobre a branda herba, ao pé daquela fonte que susurraba, escoitando embelesado a deliciosa melodía do canto daquela paxariña.
Pois auga, fontes, maxia, misterio, soños, bosques fondrosos nos que atopar un descanso apacible, seguen sendo unha seña de identidade dunha parroquia como é a de A Armenteira, que, un ano máis non se resiste a seguir celebrando a noite máis curta e especial do ano, a do 23 ao 24 de xuño, a do solsticio de verán, e quere facelo mantendo latente o espírito colaborativo e o traballo compartido que dende fai meses vén coordinando a Asociación de Veciños e Veciñas de A Armenteira. Os manxares, o lume purificador e as gañas de compartir momentos en común volverán unir ás xentes da parroquia ao igual que Don Ero e a súa esposa conseguiron congregar ao seu redor unha comunidadade monacal aló polo século XII, cando A Armenteira se fixo un oco na lenda e na historia coa fundación dun famoso mosteiro que na actualidade segue atraendo a milleiros de visitantes ano tras ano. E co permiso de trasnos, mouras e todo tipo de seres míticos o soño desta noite de San Xoán de seguro que será tan placenteiro como aquel que mantivo absorto a Don Ero durante uns 300 anos entre as pradeiras e a sombra das árbores dun lugar ao que a lenda e a historia acabarían outorgando o nome de Valdedeus.
Este carácter máxico e misterioso que envolve a A Armenteira ten, a súa orixe, como xa mencionamos, no momento da fundación do conxunto monacal e na figura de Don Ero. Este foi un personaxe que habitou no Reino de Galicia e nas terras de A Armenteira, onde se conta que tiña o seu pazo. Da súa vida sábese que estudou artes liberais e que, adicado á profesión militar, estivo ao servizo do emperador Alfonso VII. Casado cunha dama de posición nobiliaria, á que tamén pertencía el, non puido ter descendencia, e nunha das súas moitas ensoñacións aparecéuselle a Virxe para asegurarlles que a vontade de Deus era darlles descendencia, pero, en lugar do fillo que pedían como herdeiro, proporcionaríalles un gran número de fillos espirituais que herdasen os seus bens e a súa casa. Ante tal proposición Don Ero e a súa esposa non dubidaron en acatar a vontade divina e el trasladouse a vivir en soidade nunha ermida. Pola súa parte, a muller de Ero e algunhas damas que estaban ao seu servizo retiráronse a un mosteiro que mandou construír o seu esposo. Pasou o tempo e Don Ero mandou emisarios a San Bernardo, abade de Claraval, en Francia, e este, enviou en 1149 catro monxes cos que puido comezar a fundación do mosteiro, do cal Don Ero sería o primeiro abade. Deste xeito naceu o mosteiro de A Armenteira. E se por algo Don Ero pasou á historia, aparte de pola fundación do mosteiro, é pola incrible lenda que o Rei Alfonso X o Sabio recolle nunha das súas famosas cantigas. Conta esta lenda que Don Ero acostumaba saír algúns días a pasear polo frondoso bosque que rodeaba o mosteiro, nas ladeiras do Monte Castrove. Alfonso X , nunha das súas Cantigas de Santa María, concretamente a número 103, relata como Don Ero entrou un día nunha horta á cal soía acudir moitas veces, e nela atopou unha fonte de auga clara, que emitía un son que parecía murmurar e alí atopou un apacible reposo á sombra dunha árbore. Pechou os ollos o ancián abade e pregou á Virxe: "-Oh, Virxe! que será o Paraíso? Non podería velo antes de saír de aquí como che tiña pregado". Entón, na árbore debaixo da cal descansaba o monxe comezou a cantar unha paxariña. Era un canto tan absorbente, agradable e harmonioso que o veterano abade se esqueceu de que o tempo pasaba e permaneceu alí sentado sobre a branda herba, ao pé daquela fonte que susurraba, escoitando embelesado a deliciosa melodía do canto daquela paxariña.
Pois auga, fontes, maxia, misterio, soños, bosques fondrosos nos que atopar un descanso apacible, seguen sendo unha seña de identidade dunha parroquia como é a de A Armenteira, que, un ano máis non se resiste a seguir celebrando a noite máis curta e especial do ano, a do 23 ao 24 de xuño, a do solsticio de verán, e quere facelo mantendo latente o espírito colaborativo e o traballo compartido que dende fai meses vén coordinando a Asociación de Veciños e Veciñas de A Armenteira. Os manxares, o lume purificador e as gañas de compartir momentos en común volverán unir ás xentes da parroquia ao igual que Don Ero e a súa esposa conseguiron congregar ao seu redor unha comunidadade monacal aló polo século XII, cando A Armenteira se fixo un oco na lenda e na historia coa fundación dun famoso mosteiro que na actualidade segue atraendo a milleiros de visitantes ano tras ano. E co permiso de trasnos, mouras e todo tipo de seres míticos o soño desta noite de San Xoán de seguro que será tan placenteiro como aquel que mantivo absorto a Don Ero durante uns 300 anos entre as pradeiras e a sombra das árbores dun lugar ao que a lenda e a historia acabarían outorgando o nome de Valdedeus.
xoves, 21 de xuño de 2018
A Armenteira estará presente no Bamboleo da CRTVG
Tras o éxito de asistencia ao programa da CRTVG Land Rober Tunai Show, para a que se conseguiu encher un autobús con máis de cincuenta persoas. o ARMENTEIRA C.F. e a ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DE A ARMENTEIRA veñen de recibir unha invitación de parte da produtora do programa Bamboleo para asistir á gravación que terá lugar o luns 23 de xullo, no que será unha das últimas emisións deste programa na presente temporada. Un autobús trasladará de forma gratuíta á expedición, se é que dan reunido un mínimo de 25 asistentes, ata o Plató 1.000, en Montouto, no concello de Teo, o mesmo lugar no que se desenvolve o Land Rober Tunai Show para, a partires das 19:30 horas, participar na gravación dun programa no que o protagonismo o teñen principalmente a música e o baile. Presentado polo polifacético José Manuel Piñeiro, no estudo no que se grava distínguense cinco sets, albergando unha presenza de público próxima ás 200 persoas, e conta normalmente tamén con diferentes actuacións de artistas das máis variadas procedencias e estilos musicais. O programa está dirixido a unha audiencia ampla, independente da idade, e é frecuente que acolla tanto a grupos do pop galego máis actual e en voga, como pode ser o caso de Eladio y los Seres Queridos ou A Tuna Rastafari, ou tamén dalgunhas das orquestras máis importantes e populares de Galicia, ao mesmo tempo que é habitual disfrutar dos ritmos de artistas tan recoñecidos dentro e fóra das nosas fronteiras como David Civera, Merchi ou Andy & Lucas. En algo máis de dúas horas distribúense seccións como Agora ou Nunca, na que se ofrece a oportunidade para que poidan sobresaír artistas descoñecidos para o gran público, Dirty Dancing, na que se propón un baile interxeneracional, especialmente con exhibición de bailes de salón, Ghaliñeiro, na que se mostran vídeos divertidos extraídos de internet, a ITV do Amor, un test para parellas de namorados que pensan casar ou ir vivir xuntos; Falabarato, que achega bromas con cámaras ocultas; ou Faino Ti, unhs divertida proposta de intercambio de tarefas entre parellas consoldadas. A emisión realízase os sábados a partires das 22:00 horas, polo que no caso da gravación á que acudirá a expedición de A Armenteira non se poderá contemplar a través da pequena pantalla da televisión autonómica ata a noite do sábado 28 de xullo. Para anotarse, segundo lembran dende as entidades encargadas de xestionar a asistencia, poden facelo, mediante chamada telefónica como vía whatsapp, a través dos números de teléfono 677225487, 678647709, 666757949, 636396652 ou ben no enderezo electrónico aavvdearmenteira@gmail.com.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)