A
Asociación de Veciños e Veciñas de A Armenteira, entidade que, por segundo ano
consecutivo, se encarga de organizar a tradicional fogueira da noite de San
Xoán agarda reunir no entorno do recinto festivo habilitado no campo da festa a
unhas duascentas persoas. No evento non faltarán as sardiñas, o churrasco, os criollos,
o pan de millo, ademais de bebidas e o postre en forma de froita fresca que
axuden a refrescar unha noite que se
prevé de moita calor. Dende fai meses están levando a cabo os preparativos,
pero, será este sábado ,23 de xuño, a partires da 18:00 horas, cando o equipo de
colaboradores se poña mans á obra para organizar os últimos detalles. A
colocación das mesas e as cadeiras, o acendido do lume das grellas e o comezo
do asado das sardiñas, o churrasco e os criollos darán comezo a unha gran festa
que terá o colofón cando os ritmos dunha coñecida discoteca móbil da comarca
encha de ambiente os arredores da Casa de Cultura e as lapas da gran cacharela
se fagan visibles dende varios metros á redonda, ao tempo que as lapas devoran as figuras
dunhas curiosas bonecas confeccionadas específicamente para o acto e o son e o colorido dos foguetes tomen protagonismo entre o silenzo da noite e o bullicio da festa. Para
facilitar a asistencia ao evento, a asociación veciñal decidiu establecer uns
prezos populares, que van dende os cinco euros no caso das persoas adultas que
teñan a consideración de socios ou socias, mentres que para as persoas menores
de 15 anos que non teñan adquirida esa condición a asistencia será gratuíta.
Para as persoas que non reúnan a condición de socios ou socias o prezo será de
dez euros, e, no caso dos menores de 15 anos nesta mesma situación,
terán que abonar cinco euros. E, segundo
lembran, na última asamblea da asociación, celebrada no pasado mes de abril,
acordouse impoñer unha cota únificada tanto para as persoas que residan na
parroquia de A Armenteira como para as que non, que por unidade familiar,
parella e fillos, quedou fixada en dez euros, e a título individual, fixouse en
cinco euros. O prazo de anotación para a fogueira continuará aberto ata intres
antes do inicio da festa, e pode realizarse tanto de forma persoal como a
través dos números de teléfonoa través dos números de teléfono 677225487,
678647709, 666757949, 636396652. O lema deste ano, ao igual ca o
do pasado volve ser ARMENTEIRA ESTÁ QUE ARDE!! Para tal efecto a empresa local AQUAREI PUBLIC elaborou uns chamativos delantais que servirán para identificar aos membros da organización e do equipo de colaboradores e colaboradoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario