É A Armenteira unha terra na que a maxia e o misterio teñen un enorme peso como, e van indisolublemente asociados ao mosteiro cisterciense que existe na parroquia, unha das principais abadías de Galicia, considerada como un dos mellores expoñentes da arte románica en Galicia, na que se a aúnan características do románico galego e certos rasgos da arte mozárabe, e declarado Monumento Histórico Artístico. A súa fundación atribúese ao célebre abade San Ero no ano 1150. Rapidamente pasou a pertencer á Orde Cisterciense, aló polo 1162, adquirindo a denominación de Santa María de Armenteira. Pouco despois iniciaranse as obras de maior relevancia do mosteiro, entre elas a da igrexa, que, ao igual ca os claustros ou a muralla exterior se conservan en perfecto estado. A igrexa foi construída no ano 1167, seguindo modelos sinxelos doutras construcións arquitectónicas benedictinas, sobre todo das que se poden atopar ao longo do Camiño de Santiago. A portada é realmente magnífica. Conta cun rosetón, de clara infulencia mudéxar, un dos principais emblemas do conxunto arquitectónico, dise que un dos máis fermosos que se teñen visto e parece abrirse como se fose unha flor. No baldaquino, unha réplica moi singular do realizado por Gian Lorenzo Bernini na Basílica de San Pedro do Vaticano, sitúase unha imaxe de Nosa Señora, que leva o curioso título de Virxe das Cabezas. É que, neste templo, todos os Luns de Pascua, son moitas as persoas que achegan ata alí, seguindo os camiños dos antigos peregrinos, para honrar a esta virxe. A tradición di que hai que asistir a misa cunha figura de cera sobre a a cabeza. Sen dúbida é unha forma peculiar de adorar e dar grazas por todo o concedido. Esta virxe relaciónase coa curación de todo tipo de males relacionados coa cabeza. Migrañas, cefaleas ou incluso males de maior gravidade motivan a que os fieis se acheguen a este cenobio.
Este carácter máxico e misterioso que envolve a A Armenteira ten, a súa orixe, como xa mencionamos, no momento da fundación do conxunto monacal e na figura de Don Ero. Este foi un personaxe que habitou no Reino de Galicia e nas terras de A Armenteira, onde se conta que tiña o seu pazo. Da súa vida sábese que estudou artes liberais e que, adicado á profesión militar, estivo ao servizo do emperador Alfonso VII. Casado cunha dama de posición nobiliaria, á que tamén pertencía el, non puido ter descendencia, e nunha das súas moitas ensoñacións aparecéuselle a Virxe para asegurarlles que a vontade de Deus era darlles descendencia, pero, en lugar do fillo que pedían como herdeiro, proporcionaríalles un gran número de fillos espirituais que herdasen os seus bens e a súa casa. Ante tal proposición Don Ero e a súa esposa non dubidaron en acatar a vontade divina e el trasladouse a vivir en soidade nunha ermida. Pola súa parte, a muller de Ero e algunhas damas que estaban ao seu servizo retiráronse a un mosteiro que mandou construír o seu esposo. Pasou o tempo e Don Ero mandou emisarios a San Bernardo, abade de Claraval, en Francia, e este, enviou en 1149 catro monxes cos que puido comezar a fundación do mosteiro, do cal Don Ero sería o primeiro abade. Deste xeito naceu o mosteiro de A Armenteira. E se por algo Don Ero pasou á historia, aparte de pola fundación do mosteiro, é pola incrible lenda que o Rei Alfonso X o Sabio recolle nunha das súas famosas cantigas. Conta esta lenda que Don Ero acostumaba saír algúns días a pasear polo frondoso bosque que rodeaba o mosteiro, nas ladeiras do Monte Castrove. Alfonso X , nunha das súas Cantigas de Santa María, concretamente a número 103, relata como Don Ero entrou un día nunha horta á cal soía acudir moitas veces, e nela atopou unha fonte de auga clara, que emitía un son que parecía murmurar e alí atopou un apacible reposo á sombra dunha árbore. Pechou os ollos o ancián abade e pregou á Virxe: "-Oh, Virxe! que será o Paraíso? Non podería velo antes de saír de aquí como che tiña pregado". Entón, na árbore debaixo da cal descansaba o monxe comezou a cantar unha paxariña. Era un canto tan absorbente, agradable e harmonioso que o veterano abade se esqueceu de que o tempo pasaba e permaneceu alí sentado sobre a branda herba, ao pé daquela fonte que susurraba, escoitando embelesado a deliciosa melodía do canto daquela paxariña.
Pois auga, fontes, maxia, misterio, soños, bosques fondrosos nos que atopar un descanso apacible, seguen sendo unha seña de identidade dunha parroquia como é a de A Armenteira, que, un ano máis non se resiste a seguir celebrando a noite máis curta e especial do ano, a do 23 ao 24 de xuño, a do solsticio de verán, e quere facelo mantendo latente o espírito colaborativo e o traballo compartido que dende fai meses vén coordinando a Asociación de Veciños e Veciñas de A Armenteira. Os manxares, o lume purificador e as gañas de compartir momentos en común volverán unir ás xentes da parroquia ao igual que Don Ero e a súa esposa conseguiron congregar ao seu redor unha comunidadade monacal aló polo século XII, cando A Armenteira se fixo un oco na lenda e na historia coa fundación dun famoso mosteiro que na actualidade segue atraendo a milleiros de visitantes ano tras ano. E co permiso de trasnos, mouras e todo tipo de seres míticos o soño desta noite de San Xoán de seguro que será tan placenteiro como aquel que mantivo absorto a Don Ero durante uns 300 anos entre as pradeiras e a sombra das árbores dun lugar ao que a lenda e a historia acabarían outorgando o nome de Valdedeus.

Ningún comentario:
Publicar un comentario