O grupo de veciños e veciñas que promoven a creación dunha nova entidade veciñal na parroquia de A Armenteira puxo este martes na reunión que celebraron nas instalacións do campo de fútbol de O Leixo a primeira pedra para construír unha asociación que pretenden que sirva para representar á poboación desta parroquia e defender os seus dereitos e intereses ante as distintas institucións. Ante un nutrido grupo de asistentes os promotores desta iniciativa escoitaron as numerosas demandas dos alí presentes explicaron os pasos a levar a cabo para a constitución desta asociación e as funcións que cumpriría. O malestar das persoas que acudiron a O Leixo era evidente, sobre todo en relación coa imposibilidade de realizar este tipo de actos na Casa de Cultura, a cal está reservada exclusivamente para ser utilizada como albergue de peregrinos, sen que as xentes de A Armenteira poidan acceder a ela. A lentitude das obras que se están acotemento neste local, que permitiría dividir o edificio en dúas prantas, unha reservada para uso veciñal e outra como albergue, fai que a desconfianza da veciñanza vaia en aumento. Estas e outras demandas tratarán de ser defendidas por esta nova entidade que nace coa intención de facer oír a voz das xentes dunha parroquia que, segundo eles, foi durante tanto tempo silenciada.
Buscar neste blog
martes, 31 de maio de 2016
luns, 30 de maio de 2016
Emotivo relevo na xerencia do Café Bar O Comercio
O Café Bar O Comercio viviu esta fin de semana un emotivo relevo na xerencia neste local tan emblemático na vida dos veciños e veciñas de A Armenteira. María Rodríguez e Diego Dadín decidiron poñer fin a un proxecto que iniciaron fai dous anos. Neste período, María e Diego, coa súa entregada labor gañáronse o cariño e a simpatía da numerosa clientela que conseguiron atraer cara o seu local. Os bocadillos, as tapas, as copas e a atención que tan amablemente prestaban convertiu ao Café Bar O Comercio nun referente no ocio e na hostalería da contorna e, especialmente nas fins de semana e nos períodos vacacionais de Semana Santa e do verán, o ambiente deste establecemento nada tiña que envexar ao de moitos locais das principais zonas turísticas. A casualidade fixo coincidir este cambio na xerencia co cumpreanos de María, o que foi aproveitado polos seus achegados para organizar unha gran festa que congregou a un gran número de persoas. Estes veciños de Couso inician agora unha nova etapa profesional, como tamén o fará María, a outra María Rodríguez, que ocupou o cargo de camareira nos últimos meses e pola que tanto aprecio sentía a clientela. O relevo será tomado agora por Serafín Melón, un veciño de O Busto cunha ampla experiencia no mundo da hostalería, que durante anos rexentou a cafetería do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela.
Primeiros pasos para a constitución dunha nova entidade veciñal en A Armenteira
O grupo de veciños e veciñas de A Armenteira que promove a creación dunha nova entidade veciñal para a parroquia comeza a dar os primeiros pasos. Tras a definición das ideas iniciais e a fixación dos obxectivos de partida, os promotores desta iniciativa convocan para este martes día 31 de maio, a partires das 21 horas, no campo de fútbol de O Leixo, a todas aquelas persoas interesadas en formar parte deste proxecto. No manifesto redactado para chamar á movilización da veciñanza o autodenominado Movemento pola Unidade Veciñal afirma que pretende crear unha asociación que non só leve a cabo actitudes lúdicas, formativas e culturais, senón que tamén sirva de instrumento de defensa dos dereitos e os intereses das xentes da parroquia, e fai un alegato a prol da unidade para facer fronte aos principais problemas e preocupacións dos veciños e veciñas de A Armenteira.
domingo, 29 de maio de 2016
Paso importante para o equipo alevín e resultados menos afortunados para os demais equipos do Armenteira C.F.
A xornada de liga desta fin de semana, a trixésimo segunda no que vai de liga para os equipos cadete e infantil e a primeira eliminatoria da promoción de ascenso para o equipo alevín, depararon uns resultados dispares para os equipos de fútbol base do Armenteira C.F.
O equipo cadete visitaba na mañá do sábado o campo Municipal de Burgáns, onde debía medirse ao C. Xuventude Cambados. O cadro dirixido por Marcial Prado non soubo adaptarse ben ao céspede de herba natural do campo de Vilariño, e cedeu dende o inicio o dominio do balón aos locais. Con todo, aínda que na primeira metade a iniciativa correspondeu ao conxunto amarelo, os visitantes gozaron de claras ocasións nos pés de Marcos Acha e de Carlos Soto. Pero un golazo de Diego Rial dende o borde da área, ante o que nada puido facer o meta Yago, servía para adiantar aos cambadeses ante a desesperación da afección que dende as bancadas non deixaba de animar aos verdinegros. No segundo período o Armenteira C.F. decidiu imprimirlle un cambio de ritmo ao encontro, impulsado pola brega e o temperamento do sempre combativo Alberto. Pecharon na súa área ao C. Xuventude Cambados, pero a falta de claridade na resolución nas xogadas e a mala fortuna impediron que o balón rematase no fondo da rede. Estas accións ofensivas, que a escadra verdinegra realizaba con máis corazón ca cabeza, foron diluíndose co paso dos minutos, permitindo que os amarelos se fosen achegando con máis frecuencia aos dominios de Yago. Foi nunha desas incursións cando Borja Cores, recolleu un rexeitamento tras unha gran parada do meta do Armenteira C.F. para anotar o dous a cero co que remataría o encontro. A próxima fin de semana os de Marcial Prado recibirán a visita do C. Xuventú Sanxenxo, undécimo clasificado con vintetrés puntos, no que se será un duelo de rivalidade que se antolla crucial para que os de O Leixo poidan asegurar o sétimo posto na clasificación final.
O equipo infantil tiña unha durísima proba este domingo no campo de O Pombal. Recibía a visita do C. Vilagarcía S.D., un conxunto que ocupa a segunda praza na clasificación e que aínda ten opción de arrebatarlle a primeira posición ao San Martín C.F. O conxunto dirixido por Martín Casais preséntase moi debilitado sobre o céspede cambadés, xa que non puido contar para esta cita con ningún dos xogadores do equipo alevín, que veñen reforzando habitualmente a este conxunto, pero que neses momentos debían afrontar a primeira eliminatoria da promoción de ascenso. Con só once xogadores na convocatoria o técnico de Vilar tratou de plantexar un partido no que puidese frear na medida do posible as acometidas dun rival tan superior como o cadro vilagarciano. O gol do centrocampista Diego Núñez aos dous minutos adiantaba aos locais e arrincaba os aplausos do público do Armenteira C.F. Pero esta alegría foi efímera, pois o C. Vilagarcía S.D. foi impoñendo o seu potencial e co paso dos minutos os goles non deixaban de adentrarse nas mallas defendidas por Santi. O resultado de un gol a dezaséis co que rematou o partido reflicte ás claras a diferenza de recursos que mostraron sobre O Pombal ambas escadras. O equipo de A Armenteira agarda resarcirse desta severa derrota acadando un resultado positivo no encontro correspondente á vixésimo cuarta xornada que fora aprazado no seu día e que disputará este mércores a partires das 19:30 horas no campo de O Leixo, no que será o último partido como local e a primeira ocasión na que este equipo pise a superficie de terra do campo de O Busto na presente temporada.
Para finalizar, o equipo alevín afrontaba este domingo no campo de A Xunqueira, en Ponte Sampaio, o seu primeiro partido da eliminatoria da promoción de ascenso á Primeira Categoría Alevín, na modalidade de fútbol-8, ante a A.X.D. Verdugo. Os rapaces que adestra Jonathan Crespo partían con gran ilusión ante esta oportunidade que supón o merecido premio á excelente temporada que realizaron. O primeiro período foi de dominio alterno, e as ocasións sucedíanse en ambas áreas. O maior criterio co que os locais movían a pelota fixo que nun deses achegamentos Yahia Michamia adiantase ao conxunto laranxa. Na segunda metade a situación cambiou, e o Armenteira C.F. tomou o control do partido, demostrando ter unha mellor condición física ca o seu rival. Zubo revolvendo unha xogada na área e Adri mediante un precioso lanzamento de falta dende o costado dereito daban a volta á situación, poñendo o resultado de un tanto a dous que resultaría definitivo. Aínda dispuxeron os de O Leixo dalgunha oportunidade máis para afrontar con comodidade o partido da próxima fin de semana, pero o marcador non se moveu. O excelente espectáculo que ámbolos dous conxuntos ofreceron en A Xunqueira, no que os xogadores ofreceron unha gran entrega e mantiveron un alto ritmo de xogo, fixo disfrutar aos afeccionados que se desprazaron ata estas estas instalacións deportivas desta parroquia do Concello de Pontevedra. Todos eles agardarán expectantes o partido de volta, que se disputará previsiblemente en A Armenteira o domingo 5 de xuño.

sábado, 28 de maio de 2016
Un gol de Portas rescata ao Armenteira Veteranos ante o Rayovedra
Un gol do central Portas nas postrimerías do encontro serviu para rescatar ao Armenteira Veteranos no encontro que disputou na tarde deste sábado no campo de O Leixo ante o Rayovedra. Nunha tarde chuviosa e desapacible, o cadro verdinegro, que volveu a contar de novo co apoio incondional dende as bancadas do capellán da Comunidade Cisterciense do Mosteiro de Armenteira, saiu ao terreo de xogo frío e apático, cunha falta de intensidade impropia nun conxunto no que soe basar o seu éxito no traballo colectivo e no alto ritmo de xogo. O rival, unha escadra que demostrou ter un potencial ao que indica a súa situación na táboa, tomou o control do partido dende o inicio, apoiado na fluidez na circulación da pelota e na calidade individual dalgún dos seus homes. E foi así como nunha na que a defensa do Armenteira Veteranos non foi quen de despexar como se adiantaron os visitantes. O esférico cruzou a área sen que ningún dos defensores puidese desviar a súa traxectoria e caiu nos pés dun dianteiro rival que, libre de marca, o introduciu no fondo das mallas. Na segunda metade, no medio dunha forte chuvia e cunha superficie do terreo de xogo cada vez máis enlameada, os locais adiantaron liñas e comezaron a cercar a portería do Rayovedra. Pero a fortuna non estaba do lado das cores verdes e negras, e nun malentendido entre o lateral Moncho e o meta Joserra, o balón acabou nas botas dun dianteiro visitante que, coa portería baleira, só tivo que empurrar a pelota. Parecía que o partido conducía de forma irremediable cara unha derrota do Armenteira Veteranos pero, Manueliño, remachando sobre a liña de gol un remate de Galiñanes, acurtaba distancias. E xa cando o encontro chegaba á súa fin, no período de desconto, o central Portas atopou un balón botando a uns vinte metros da meta do Rayovedra e. cunha perfecta bolea, conseguiu colalo pola escadra esquerda da portería dos visitantes, Un tanto digno dun xogador das ligas de fútbol profesional que, de ser anotado por calquera das estrelas das ligas de fútbol profesional, sería repetido unha e outra vez nos resumos televisivos, pero que, nesta ocasión só serviu para que o Armenteira Veteranos conseguise salvar un punto cun empate a dous final do que quizais non foi merecedor. Con este resultado o equipo verdinegro descende ata a sétima posición, con sesenta e un puntos, situación que agarda mellorar a próxima fin de semana cunha vitoria en O Leixo ante o Peña Rácing, un conxunto que ocupa a décima posición con corenta e nove puntos.
venres, 27 de maio de 2016
O Rayovedra visita O Leixo na antepenúltima xornada da liga de veteranos
O campo de O Leixo será o escenario este sábado, a partires das 17 horas, do partido da trixésimo sétima xornada de liga entre o Armenteira Veteranos e o Rayovedra. O equipo local quere manter a boa racha dos últimos encontros, que o auparon ao sexto posto con sesenta puntos, e confía en obter unha nova vitoria que lle permita manterse na loita por alcanzar a terceira posición na clasificación final. Para elo debe superar a un Rayovedra que se sitúa na décimo cuarta praza con trinta e dous puntos, pero que de seguro non vai ser un rival fácil para o conxunto que capitanea José Luis Galiñanes. O equipo de O Leixo tratará de ampararse de novo no potencial ofensivo que está mostrando nas últimas xornadas, apoiado fundamentalmente na figura do seu máximo artilleiro, Jorge Castro, que suma xa 29 goles na presente temporada.
Xornada de liga e promoción de ascenso para os equipo de fútbol base do Armenteira C.F.
Os equipo de fútbol base do Armenteira C.F. afrontan un nova xornada esta fin de semana, a trixésimo segunda de liga para os equipos cadete e infantil, e a primeira rolda da promoción de ascenso á Primeira Categoría Alevín da modalidade de fútbol-8 para o equipo alevín.
O equipo cadete disputará o sábado a partires das 12 horas no campo Municipal de Burgáns, o antepenúltimo partido de liga. Será un duelo de rivalidade, dado o coñecemento mutuo entre boa parte dos xogadores do C. Xuventude Cambados e do Armenteira C.F. O conxunto local ocupa a décimo segunda posición, con dezasete puntos, mentres que o cadro verdinegro sitúase no sétimo posto con trinta e oito puntos. O favoritismo que a situación da táboa parece dar aos visitantes é tan só aparente, dada a igualdade que se ven exhibindo neste grupo durante o que vai de temporada. Os rapaces que adestran Marcial Prado e Víctor Saborido tratarán de apoiarse no reforzo moral que supuxo o triunfo da pasada fin de semana ante o Vilalonga F.C., un dos aspirantes ao ascenso, que coa derrota en O Leixo puxo en compricacións as súas opcións de cambiar de categoría.
O equipo infantil terá o seu turno o domingo a partires das 11:30 horas, cando reciba no seu feudo de O Pombal ao C. Vilagarcía S.D., unha potente escadra que ocupa a segunda posición con oitenta e dous puntos. Os rapaces que adestra Martín Casais afrontan moi mermadas esta díficil cita, xa que ás numerosas baixas que están presentando nos últimos encontros súmase que o equipo de categoría ese mesmo día o seu primeiro partido da promoción de ascenso, polo que non poderán cos reforzos que ese conxunto soe prestarlle. Con todo, o técnico local amósase esperanzado en manter a boa liña de xogo do último partido, no que conseguiron acadar un valioso empate no campo de Monte Redondo ante o E.D. Arousa "B".
Para finalizar, o equipo alevín visita o domingo o campo de A Xunqueira, en Pontesampaio, onde, a partires das 13 horas, debe afrontar a primeira eliminatoria da promoción de ascenso á Primeira Categoría Alevín na modalidade de fútbol-8. As seguras ausencias de Mosteiro e Pablo Casal, dúas pezas moi importantes no cadro que dirixe Jonathan Crespo, ás que previsiblemente se engadirá algunha máis, lastrarán a un conxunto que acude con moita ilusión a un partido que ven a ser o xusto premio á excelente campaña que realizaron. O rival, a A.X.D. Verdugo, presenta uns números similares aos do conxunto verdinegro na súa traxectora na liga, xa que foi quen de sumar 47 puntos, os mesmos ca o Armenteira C.F., aínda que disputou dous partidos máis. O adestrador local agarda acadar un resultado favorable para afrontar con tranquilidade o encontro de volta dentro dunha semana en O Leixo. A superficie de terra do terreo de xogo de ámbalas dúas formación fai que ningunha delas parta con vantaxe nese aspecto, aínda que o feito de xogar o partido de volta na casa pode significar un punto a favor das aspiracións do Armenteira C.F.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)