Buscar neste blog

martes, 31 de maio de 2016

O proxecto de creación dunha nova asociación veciñal en A Armenteira bota a andar

O grupo de veciños e veciñas que promoven a creación dunha nova entidade veciñal na parroquia de A Armenteira puxo este martes na reunión que celebraron nas instalacións do campo de fútbol de O Leixo a primeira pedra para construír unha asociación que pretenden que sirva para representar á poboación desta parroquia e defender os seus dereitos e intereses ante as distintas institucións. Ante un nutrido grupo de asistentes os promotores desta iniciativa escoitaron as numerosas demandas dos alí presentes explicaron os pasos a levar a cabo para a constitución desta asociación e as funcións que cumpriría. O malestar das persoas que acudiron a O Leixo era evidente, sobre todo en relación coa imposibilidade de realizar este tipo de actos na Casa de Cultura, a cal está reservada exclusivamente para ser utilizada como albergue de peregrinos, sen que as xentes de A Armenteira poidan acceder a ela. A lentitude das obras que se están acotemento neste local, que permitiría dividir o edificio en dúas prantas, unha reservada para uso veciñal  e outra como albergue, fai que a desconfianza da veciñanza vaia en aumento. Estas e outras demandas tratarán de ser defendidas por esta nova entidade que nace coa intención de facer oír a voz das xentes dunha parroquia que, segundo eles, foi durante tanto tempo silenciada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario