Os equipo de fútbol base do Armenteira C.F. afrontan un nova xornada esta fin de semana, a trixésimo segunda de liga para os equipos cadete e infantil, e a primeira rolda da promoción de ascenso á Primeira Categoría Alevín da modalidade de fútbol-8 para o equipo alevín.
O equipo cadete disputará o sábado a partires das 12 horas no campo Municipal de Burgáns, o antepenúltimo partido de liga. Será un duelo de rivalidade, dado o coñecemento mutuo entre boa parte dos xogadores do C. Xuventude Cambados e do Armenteira C.F. O conxunto local ocupa a décimo segunda posición, con dezasete puntos, mentres que o cadro verdinegro sitúase no sétimo posto con trinta e oito puntos. O favoritismo que a situación da táboa parece dar aos visitantes é tan só aparente, dada a igualdade que se ven exhibindo neste grupo durante o que vai de temporada. Os rapaces que adestran Marcial Prado e Víctor Saborido tratarán de apoiarse no reforzo moral que supuxo o triunfo da pasada fin de semana ante o Vilalonga F.C., un dos aspirantes ao ascenso, que coa derrota en O Leixo puxo en compricacións as súas opcións de cambiar de categoría.
O equipo infantil terá o seu turno o domingo a partires das 11:30 horas, cando reciba no seu feudo de O Pombal ao C. Vilagarcía S.D., unha potente escadra que ocupa a segunda posición con oitenta e dous puntos. Os rapaces que adestra Martín Casais afrontan moi mermadas esta díficil cita, xa que ás numerosas baixas que están presentando nos últimos encontros súmase que o equipo de categoría ese mesmo día o seu primeiro partido da promoción de ascenso, polo que non poderán cos reforzos que ese conxunto soe prestarlle. Con todo, o técnico local amósase esperanzado en manter a boa liña de xogo do último partido, no que conseguiron acadar un valioso empate no campo de Monte Redondo ante o E.D. Arousa "B".
Para finalizar, o equipo alevín visita o domingo o campo de A Xunqueira, en Pontesampaio, onde, a partires das 13 horas, debe afrontar a primeira eliminatoria da promoción de ascenso á Primeira Categoría Alevín na modalidade de fútbol-8. As seguras ausencias de Mosteiro e Pablo Casal, dúas pezas moi importantes no cadro que dirixe Jonathan Crespo, ás que previsiblemente se engadirá algunha máis, lastrarán a un conxunto que acude con moita ilusión a un partido que ven a ser o xusto premio á excelente campaña que realizaron. O rival, a A.X.D. Verdugo, presenta uns números similares aos do conxunto verdinegro na súa traxectora na liga, xa que foi quen de sumar 47 puntos, os mesmos ca o Armenteira C.F., aínda que disputou dous partidos máis. O adestrador local agarda acadar un resultado favorable para afrontar con tranquilidade o encontro de volta dentro dunha semana en O Leixo. A superficie de terra do terreo de xogo de ámbalas dúas formación fai que ningunha delas parta con vantaxe nese aspecto, aínda que o feito de xogar o partido de volta na casa pode significar un punto a favor das aspiracións do Armenteira C.F.
Ningún comentario:
Publicar un comentario