Buscar neste blog

luns, 30 de maio de 2016

Primeiros pasos para a constitución dunha nova entidade veciñal en A Armenteira

O grupo de veciños e veciñas de A Armenteira que promove a creación dunha nova entidade veciñal para a parroquia comeza a dar os primeiros pasos. Tras a definición das ideas iniciais e a fixación dos obxectivos de partida, os promotores desta iniciativa convocan para este martes día 31 de maio, a partires das 21 horas, no campo de fútbol de O Leixo, a todas aquelas persoas interesadas en formar parte deste proxecto. No manifesto redactado para chamar á movilización da veciñanza o autodenominado Movemento pola Unidade Veciñal afirma que pretende crear unha asociación que non só leve a cabo actitudes lúdicas, formativas e culturais, senón que tamén sirva de instrumento de defensa dos dereitos e os intereses das xentes da parroquia, e fai un alegato a prol da unidade para facer fronte aos principais problemas e preocupacións dos veciños e veciñas de A Armenteira.


Ningún comentario:

Publicar un comentario