A ANPA do CEIP de Armenteira leva denunciando nas últimas semanas o estado de abandono no que se atopa o colexio desta parroquia. Entre as numerosas deficiencias ás que fan mención están que unha parte do aleiro do tellado está rota e son frecuentes as caídas de pedazos de tellas, o que obriga a ter valada unha zona que percorre a parte posterior do centro e evitar así que os nenos e nenas poidan resultar danados; que o falso teito do interior presunta numerosas roturas; que algúns baños están atascados e non poden ser utilizados; que non dispoñen de gasóleo para calefacción ou que precisan material informático, debido a que o roubo de varios aparatos deixounos con graves carencias deste tipo de medios. Asimesmo, denuncian que non poden utilizar con normalidade a local social de A Armenteira, xa que esta instalación pública está a ser utilizada como albergue de peregrinos, co que se restrinxe o seu uso para as reunións dos veciños da parroquia, feito que consideran de enorme gravidade. Por iso apelan a que as administracións competentes tomen cartas no asunto e se poñan mans á obra para solucionar estes problemas. A reunión que os representantes da ANPA tiveron esta semana co alcalde de Meis pareceu resultar infructuosa, polo que aseguran que seguirán coas medidas de presión, e para elo din contar co apoio dos veciños e doutras organizacións representativas da parroquia, que tamén se sinten agraviadas polo trato que se lles está a dar dende o Concello, como son o caso da Comisión de Festas "O Noso" ou o Armenteira Club de Fútbol, que ameazan con levar a cabo mobilizacións conxuntas se non se atenden as súas demandas.
Escribilo en castellano q os traballadores non entende galego ou eso me dixeron a min
ResponderEliminarEscribilo en castellano q os traballadores non entende galego ou eso me dixeron a min
ResponderEliminar