Os equipos alevín e benxamín do Armenteira C.F. tamén quixeron sumarse, antes dos seus partidos da mañá do sábado, á onda de homenaxes que está recibindo Xaquín Charlín "Chon". "Chon", que faleceu esta semana despois dunha grave enfermidade, foi unhas das figuras públicas máis coñecidas na vila de Cambados e na comarca de O Salnés. Funcionario xudicial, moi implicado nas actividades culturais da vila do albariño, especialmente grazas á súa labor á fronte da comparsa Unha Grande Chea, desenvolveu ademais unha importante labor como sindicalista na CIGA e tamén viviu un breve período como concelleiro do BNG no concello de Cambados, posto do que tivo que dimitir tras unha publicación relacionada coa vicepresidenta do Goberno Soraya Saénz de Santamaría. Foi un home que estivo moi vinculado ao deporte, participando nas tarefas directivas de clubes como o C. Xuventude Cambados, o Xuven de Baloncesto ou o Clube Atletismo Cambados. Pero a súa relación co Armenteira C.F. viña da estreita amizade que mantiña con Valentín Estévez, técnico do conxunto benxamín da entidade verdinegra, e do apoio que sempre prestou ás demandas de mellora das instalacións deportivas para o Armenteira C.F., ás que axudou a dar repercusión coas publicacións do seu blog
A ti meu Cambados. A esta homenaxe uniuse o equipo benxamín do Vilalonga F.C., co seu adestrador á fronte, o tamén cambadés e veciño de Triana, coma "Chon", Johan González.
Ningún comentario:
Publicar un comentario