A sexta xornada de liga da temporada 2015/2016 preséntase con rivais compricados para os equipos de fútbol base do Armenteira C.F., que agardan poder dar de novo alegrías aos seus afeccionados.
O primeiro en poñerse en marcha será o encontro que o equipo alevín dispute a partires das 10 horas no campo de Baltar de Arriba ante o Xuventú Sanxenxo. O equipo amarelo ocupa a segunda posición na táboa, con doce puntos, fronte á sexta que ocupan a formación que dirixe Jonathan Crespo, con nove puntos no casilleiro, co que, de lograr a vitoria nesta xornada, igualarían a puntuación do seu contricante. Para este partido o conxunto verdinegro conta con baixas sensibles, e algúns dos xogadores normalmente titulares acuden con problemas físicos. Con todo, teñen a esperanza de seguir coa coa marcha que están levando nesta campaña.
O segundo conxunto do Armenteira C.F. en comezar o seu encontro será a formación de categoría cadete. O grupo que adestra Marcial Prado recibe a partires das 11:30 ao C.D. Ribadumia. O cadro aurinegro está a realizar un gran inicio de temporada e ocupa a terceira posición na táboa, polo que será un rival de máxima esixencia para o conxunto local, o cal parece comezar a remontar o seu mal arranque e tratará de responder ás expectativas que o potencial do grupo e calidade de moitos dos seus xogadores fan que se teñan postas neles.
A continuación será o turno do equipo de categoría benxamín. O conxunto que comanda o cambadés Valentín Estévez segue progresando lentamente na súa labor de formación dun grupo de xogadores e xogadoras con escasa experiencia e coas dificultades de acoplamento lóxicas nun conxunto no que practicamente todos os seus efectivos non xogaran nunca xuntos. Nesta ocasión o cadro verdinegro visita o campo de As Cachizas, para enfrontarse a a partires das 12:15 horas ao Unión Dena C.F., un rival que está un posto por enriba deles na clasificación e que tamén conta con cero puntos no seu casilleiro. O técnico verdinegro parece que vai poder contar con todo o seu plantel, incluídas as fichaxes realizadas nas últimas semanas.
O domingo a partires das 11:30 horas, no campo de O Pombal, en Cambados, disputará o seu encontro o equipo de categoría infantil. O bloque que dirixe Martín Casais recibe á S.D. Noalla, un equipo que se sitúa na duodécima posición no cadro clasificatorio e que, de seguro, será un rival compricado para os rapaces do clube verdinegro. As boas sensacións que están mostrando nas últimas xornadas agardan ser refrendadas no partido deste domingo, para dar unha satisfacción ao nutrido grupo de afeccionados que normalmente acuden a velos ao campo de O Pombal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario