A proliferación de niños e o perigo que supoñen para ecosistema está provocando que a preocupación respecto da vespa velutina estea indo en aumento nos últimos tempos. Os medios de comunicación, os centros de ensino ou as institucións públicas veñen promovendo actividades para alertar deste problemática e para instruír á poboación en técnicas que permitan eliminar ou, canto menos, reducir a súa presenza. Unha desas actividades terá lugar este mércores en Meis. Será a charla informativa sobre a praga da vespa velutina que se celebrará no Centro Multiusos de O Mosteiro este mércores 2 de agosto a partires das 21:00 horas. O coloquio irá acompañado dun obradoiro para facer trampas, co que os asistentes poderán dispoñer dunha ferramenta co que facer fronte á ameaza que representan estes insectos. Coa celebración deste acto preténdese concenciar á poboación do risco que implica esta praga e inducir a que as administracións públicas actúen con maior eficacia para erradicala. As avespas europeas, as abellas, as persoas e o medio ambiente en xeral están gravemente ameazadas se non se detén o avance da vespa velutina.
Buscar neste blog
martes, 1 de agosto de 2017
Unha charla e un obradoiro para advertir dos perigos da vespa velutina
Tradicionalmente as avespas non gozaron da simpatía da xente. A diferenza das abellas, as avespas, avésporas, vespas ou nespras, nomes cos que son coñecidas, non perden o ferrete cando pican e non producen mel. Isto último, unido á forte dor que producen as súas picaduras, fixo que a presenza dos seus niños provocase pánico entre a poboación. Con todo, esta especie de insectos, da orde dos himenópteros, realizan unha importante labor no ecosistema. Encárganse de controlar de forma natural boa parte das pragas, xa que case todos os insectos considerados praga teñan a avespa como predador natural. Constrúen os seus niños de papel en forma de pelota en zonas elevadas ou baixo terra. A vespa raíña comeza soa a elaborar o niño, pero axiña cede o seu traballo a un crecente número de obreiras. Estes fogares colectivos poden albergar ata 5.000 obreiras e ter un diámetro de 50 centímetros. As obreiras morren no inverno, pero novas raíñas sobreviven ata a primavera seguinte. Pero dende fai uns anos este animal está cedendo protagonismo a outro insecto da súa mesma especie. Ese non é outro que a vespa velutina, ou vespa asiática, chamada así por ter orixe nese continente, dende onde chegou a Galicia, onde se instalou con facilidade debido á similitude do clima co das súas zonas de orixe. Considerada unha especie invasora, a vespa velutina chega a triplicar en tamaño ás vespas europeas ou ás abellas. Soe establecer os seus niños no alto das árbores, en colonias de máis de mil individuos. A súa chegada supuxo unha ameaza para a abella doméstica, da que se convertiu na principal depredadora. Aínda que a súa picadura non supón maior perigo para o ser humano cá das súas parentes europeas, si pode causar graves problemas de saúde no caso de que as picadas sexan múltiples ou no caso de persoas alérxicas ao seu veleno.
A proliferación de niños e o perigo que supoñen para ecosistema está provocando que a preocupación respecto da vespa velutina estea indo en aumento nos últimos tempos. Os medios de comunicación, os centros de ensino ou as institucións públicas veñen promovendo actividades para alertar deste problemática e para instruír á poboación en técnicas que permitan eliminar ou, canto menos, reducir a súa presenza. Unha desas actividades terá lugar este mércores en Meis. Será a charla informativa sobre a praga da vespa velutina que se celebrará no Centro Multiusos de O Mosteiro este mércores 2 de agosto a partires das 21:00 horas. O coloquio irá acompañado dun obradoiro para facer trampas, co que os asistentes poderán dispoñer dunha ferramenta co que facer fronte á ameaza que representan estes insectos. Coa celebración deste acto preténdese concenciar á poboación do risco que implica esta praga e inducir a que as administracións públicas actúen con maior eficacia para erradicala. As avespas europeas, as abellas, as persoas e o medio ambiente en xeral están gravemente ameazadas se non se detén o avance da vespa velutina.
A proliferación de niños e o perigo que supoñen para ecosistema está provocando que a preocupación respecto da vespa velutina estea indo en aumento nos últimos tempos. Os medios de comunicación, os centros de ensino ou as institucións públicas veñen promovendo actividades para alertar deste problemática e para instruír á poboación en técnicas que permitan eliminar ou, canto menos, reducir a súa presenza. Unha desas actividades terá lugar este mércores en Meis. Será a charla informativa sobre a praga da vespa velutina que se celebrará no Centro Multiusos de O Mosteiro este mércores 2 de agosto a partires das 21:00 horas. O coloquio irá acompañado dun obradoiro para facer trampas, co que os asistentes poderán dispoñer dunha ferramenta co que facer fronte á ameaza que representan estes insectos. Coa celebración deste acto preténdese concenciar á poboación do risco que implica esta praga e inducir a que as administracións públicas actúen con maior eficacia para erradicala. As avespas europeas, as abellas, as persoas e o medio ambiente en xeral están gravemente ameazadas se non se detén o avance da vespa velutina.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario