FICHA TÉCNICA
A.J. LÉREZ "B"- ARMENTEIRA C.F. - 3 - 2
ARMENTEIRA C.F.: Sergio Matilde; Álex Grigorio, Andrés, Sara Otero; Brais Santamaría, Estela, Mateo; e Aldara. Tamén xogaron Ainhoa e Ramón.
GOLES: 0-1. Minuto 31. Brais Santamaría. 1-1. Minuto 32. Pablo Pazos. 3-0. Minuto 40. Pablo Pazos. 2-2 . Minuto 49. Ainhoa.
ÁRBITRO: Rey Fontenla. Non mostrou cartón amarelo a ningún dos dous equipos.
INCIDENCIAS: Partido da vixésimo terceira xornada da Terceira alevín, Grupo 61, disputado na tarde deste sábado no campo de A Xunqueira 1-Fútbol-8, en Pontevedra, nunha tarde soleada e cunha temperatura agradable ante uns cincuenta espectadores e sobre un terreo de xogo en condicións aceptables para a práctica do fútbol.
CRÓNICA
O equipo alevín do Armenteira C.F. deu unha digna imaxe no partido que disputou na tarde deste sábado ante o A.J. Lérez "B", líder do grupo 61 da Terceira autonómica alevín, pero que se viu en serias dificultades para superar ao cadro que adestran Luis e Alba Barral, que finalmente acabou derrotado por tres goles a dous. Foi nun encontro dominado polos locais e no que o equipo verdinegro defendeu con orde e intensidade fronte á velocidade e a calidade no xogo que trataba de impoñer o conxunto pontevedrés. Os primeiros minutos foron de asedio da A.J. Lérez "B". A rapidez no corte dos xogadores e xogadoras que dirixiu Alba Barral e a excepcional actuación de Sergio Matilde na portería, xunto coa falta de acerto da escadra azul marina mantiveron o partido igualado ata que, xa no segundo período, Brais Santamaría finalizou un contragolpe batendo a Bruno Vázquez-Lescaille para adiantar aos de A Armenteira. Continuou atacando o conxunto da cidade do Lérez ata que Pablo Pazos colocaba a igualada, e, pouco despois, poñía por diante ao seu equipo. Diego Rivas, o potente dianteiro da escadra pontevedra, en posible fóra de xogo, sería o autor do tres a un. Cando o encontro remataba Ainhoa, mediante un toque sutil, anotaba o segundo tanto do Armenteira C.F. Un resultado apretado e unha xusta vitoria dun A.J. Lérez "B" que non deixou de intentalo e aproximarse ás inmediacións da área defendida por Sergio Matilde, pero tal e como sinalaba o técnico local ao rematar o encontro. o equipo verdinegro vendeu cara a derrota e fixo un gran traballo defensivo. A liña liderada por Andrés Fernández, na que tamén destacaron Álex Grigorio e Sara Otero, foi quizais a máis acertada dentro dunha actuación xeral máis ca aceptable. Mención aparte merece Sergio Matilde, que partido a partido se está mostrando como un dos mellores gardamallas da categoría. A nota negativa foi o golpe recibido nun xeonllo por Sara Otero tras un choque cun adversario, que a obrigaron a retirarse do terreo de xogo durante uns minutos e que rematou o partido con molestias na zona afectada. A capacidade de resistencia da futbolista de Vilariño de seguro que non lle impedirán estar a próxima fin de semana no encontro que medirá no campo de O Leixo ao seu equipo co A.C.D. A Seca, que ocupa o quinto posto, con corenta e tres puntos, catorce máis ca o Armenteira C.F.
Ningún comentario:
Publicar un comentario