Buscar neste blog

xoves, 12 de setembro de 2019

A Armenteira será de novo protagonista este sábado no programa Bamboleo da CRTVG

A CRTVG emite este sábado, 14 de setembro, a partires das 22:00 horas, unha nova edición do programa Bamboleo. Pero non será un programa calquera, senón que terá un especial significado para A Armenteira, xa que nunha das seccións participará unha representación da parroquia. Ao igual que ocorrera o pasado ano, neste 2019 Asociación de Veciños e Veciñas de A Armenteira, conxuntamente co Armenteira C.F., enviaron unha delegación ao Plató 1.000, na localidade de Montouto, no Concello de Teo, para asistir a un dos programas con máis éxito da canle autonómica. Actualmente presentado por Lucía Regueiro, mentres Xosé Manuel Piñeiro se recupera duns problemas de saúde, este espazo televisivo que aúna música, baile e humor, terá entre as aproximadamente 200 persoas que ocupan o lugar de gravación a un grupo de persoas procedente de A Armenteira. Xunto á Orquesta Trébol, á cantante Lucía Pérez ou ao artista Ariel de Cuba, o nome da parroquia será un dos grandes protagonistas durante o programa. Nunha das seccións competirá un equipo representando á Asociación de Veciños e Veciñas de A Armenteira, no que destacará a presenza de Manolo Vázquez, coñecido polo seu papel de solista no grupo Los Vázquez e que nesta ocasión probará sorte ante as cámaras da Televisión de Galicia. A voz de Manolo Vázquez mesturarase coa de recoñecidos artistas a nivel galego, español e internacional e faranos disfrutar dun espectáculo televisivo que semana tras semana non defrauda á súa fiel audiencia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario