Buscar neste blog

sábado, 3 de xuño de 2017

O equipo alevín do Armenteira C.F., campion da final de consolación do IV Torneo de fútbol.8 C.D. Ribadumia

O equipo alevín do Armenteira C.F. logrou proclamarse campión da final de consolación do IV Torneo de fútbol-8 C.D. Ribadumia. O cadro que adestra Luis Barral, nesta ocasión dirixido por Jonathan Crespo, realizou un campionato extraordinariamente serio e demostrou o talento e a valía tanto individual como colectiva que atesouran este grupo de xogadores e xogadoras. Encadrados no grupo B xunto a Arousa S.C., E.F. Lalín e E.F. Villa de Marín, no primeiro encontro impuxéronse ao Arousa S.C. por tres goles a un nun partido de claro dominio verdinegro e no que só unha decisión defensiva dos de A Armenteira permitiu aos arousistas anotar o seu único tanto. Este tanto reforzou a moral dos vilagarciáns, pero de pouco lle serviu, xa que os goles de Junior, Brais Santamaría e Adri foron inalcanzables para o conxunto branquiamarelo. Máis compricada foi para o Armenteira C.F. a segunda cita da mañá. Garantida a clasificación para a seguinte fase, un inicio de partido dubitativo e a falta de motivación, foron claves para que a E.F. Lalín enseguida tomase vantaxe. O resultado de oito goles a cero, a todas luces demasiado abultado, deixaba definitavemente como líder de grupo ao cadro da comarca de O Deza. A ausencia a última hora da E.F. Villa de Marín obrigou a reducir a tres equipos o grupo, co que nos partidos que se debían enfrontar as de Vilaxoán os rivais recibían un triunfo por tres goles a cero. Con seis puntos no taboleiro e clasificados no segundo posto, a escadra verde e negra tivo que disputar pola tarde unha fase de consolación na que se repetiron duelos da liguiña de grupos e, nas semifinais, Arousa S.C. e Armenteira C.F. e Tyde F.C. e C. Vilagarcía S.D. mediron o seu potencial. O maior poderío físico e a superioridide nos metros finais permitiron que o conxunto verdinegro vencese con relativa comodidade por dous goles a cero, con tantos de Brais Santamaría e Íñigo. Todo quedaba por decidir na gran final. O C. Vilagarcía S.D. aparentaba ser un máis ca duro escollo para os rapaces e rapazas que dirixiu Jonathan Crespo. A presenza na punta de ataque de Ruibo, un neno que militou fai uns anos no fútbol base de O Leixo, era unha das principais preocupacións do corpo técnico dos de A Armenteira. Pero a súa impresionante pegada axiña lle permitiu porse cunha vantaxe de tres goles a cero, e a solidadaridade, a seguridade defensiva e o excelente traballo en equipo contribuíron tamén a que o Armenteira C.F. acabase vencendo por cinco goles a un e se proclamase campión da final de consolación. Manu Meixús por partida dobre, Brais Santamaría e Adri foron os autores dos tantos.  As facianas de ilusión e emoción dos futbolistas verdinegros foron en aumento a media que se achegaba o momento da entrega de trofeos. Os tres capitáns do equipo, Íñigo, Adri e Manu Meixús, foron os encargados de coller de mans do edil de Medio Ambiente no concello de Ribadumia unha copa que supón o merecido agasallo ao excelente traballo que se está e se vén facendo nas últimas temporadas con este grupo de futbolistas. A copa, que sorprendeu polo elevado do seu tamaño, pasará a ingresar unhas vitrinas do campo de O Leixo que comezan a quedar escasas dada a profusión na participación ou organización deste tipo de eventos por parte do Armenteira C.F.




Ningún comentario:

Publicar un comentario