FICHA TÉCNICA
ARMENTEIRA C.F. - E.D. POIO "B"- 4-2
ARMENTEIRA C.F.: Marcos; Dani Otero, Lucas Otero, Brais González; Darío, Óscar, Brais Charlín; e Ángel. Tamén xogaron Irene e Nico.
GOLES: 1-0. Minuto 15. Lucas Otero. 2-0. Minuto 17. Brais Charlín. 2-1. Minuto 23. Luis Eduardo Aboal. 3-1. Minuto 27. Brais Charlín. 4-2. Minuto 32. Óscar. 4-2. Minuto 47. Breixo Cochón.
ÁRBITRO: Hernández Pérez. Non mostrou cartón amarelo a ningún dos dous equipos.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada da segunda fase da Terceira benxamín. Grupo 62, disputado na mañá do sábado, nunha mañá fresca e primaveral, e sobre un terreo de xogo nunhas condicións aceptables para a práctica do fútbol.
CRÓNICA
O equipo benxamín do
Armenteira C.F. comezou con bo pé a segunda fase da competición tras superar
por catro goles a dous á E.D. Poio "C" no partido disputado na mañá
deste sábado no campo de O Leixo. O conxunto que adestran Jonathan Crespo
e Juanma García mostrouse claramente superior e incluso foi merecedor dun
resultado máis contundente o primeiro rival ao que tivo que facer fronte na
segunda fase da Terceira autonómica benxamín, na que o cadro de A
Armenteira foi encadrado no grupo 62. Con maior poderío físico e con
futbolistas máis desequilibrantes os locais tiveron o control durante
practicamente os cincuenta minutos de xogo. Na primeira metade, o Armenteira
C.F. tardou en reflectir no marcador a superioridade que amosaba sobre a
superficie de terra de O Leixo. Lucas Otero, cun tremento zurdazo nun
lanzamento de falta inaguraba o marcador. O dous a cero chegaría en similares
circunstancias, pero neste caso correspondería a Brais Charlín executar de
forma maxistral tamén outro lanzamento de falta ante o que nada puido facer
tampouco o meta Hugo Barragáns. A relaxación e a baixada de ritmo dos locais
permitiu que a E.D. Poio "C" comezase a achegarse ás inmediacións da
área defendida por Marcos. Luis Eduardo Aboal, aproveitando unha serie de erros
defensivos acurtaba distancias. A aposta polo toque e a fluidez coa que
trataban de mover o coiro os visitantes facía que a preocupación se fose
extendendo entre a afección local. Aínda que apareceu a figura de Óscar, en
proceso de recuperación tras a lesión que sufriu no último partido da primeira
fase e dúbida ata última hora. O centrocampista de Vilariño plantouse na área
tras levarse varios rexeitamentos e poñía no marcador a que semellaba ser a
sentenza. Un gol de Breixo Cochón xa a tres minutos do final non suporía
ningunha amenaza para que os tres puntos se quedasen en A Armenteira. Esta
vitoria sitúa a escadra que dirixe Jonathan Crespo na quinta posición, a cal
procurará defender a próxima fin de semana ante un dos rivais máis potentes do
grupo, a A.D. Arousa F-7, ao que o equipo verdinegro xa se enfrontou na
primeira fase, vencendo daquela os vilagarciáns por un gol a catro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario