O derbi que este domingo a partires do mediodía disputarán no campo Municipal de Zacande os equipos de categoría cadete do C.D. Mosteiro e do Armenteira C.F., un dos moitos nos que se veñen encontrando estas dúas entidades temporada tras temporada, será unha nova oportunidade para disfrutar do fútbol modesto, do fútbol no seu estado puro, e o deporte do Concello de Meis volverá a vestirse de gala para ver como estes xóvenes deportistas que defenden as cores dos dous equipos con categorías de fútbol base do municipio se xuntan para divertirse coa súa afección favorita. O clube verdinegro, que conta na actualidade nos seus catro equipos de fútbol base con 66 licenzas federativas, o 50% de rapaces e rapazas do concello de Meis, nunca quixo deixar de ser un elemento representativo do concello ao que pertence e, aínda que pouco a pouco se foi abrindo con orgullo a outras localidades veciñas, o que fai que hoxe en día teña nas súas filas futbolistas de case todos os concellos da comarca, o carácter meisino e o arraigo á terra que o viu nacer son unha das principais señas de identidade do clube de A Armenteira.
Buscar neste blog
xoves, 11 de febreiro de 2016
Meis será unha festa
Poucos podían imaxinar fai trinta anos atrás que naquel descampado que, nun territorio con tanta riqueza forestal como as ladeiras do Castrove, os madeiros utilizaban para depositar moreas de leña agromaría un clube de fútbol. Nese lugar, e da man de Julio Serén e o malogrado Barreiras xurdiu aló por 1995 o Armenteira Club de Fútbol, e hoxe o Leixo é testemuña dese pasado de alegrías e desencantos, de goles marcados e goles errados, de centos de xogadas que acabaron en fóra de xogo ou entre as toxeiras que rodean o campo. Agora, vinte anos despois, cando o fútbol da comarca se xoga sobre tapete de céspede artificial a terra de O Leixo e o Armenteira Club de Fútbol seguen sobrevivindo nun entorno hostil no que a crise, o descenso demográfico e o esquecemento por parte das administracións públicas ameazan a un proxecto que con enormes gañas e ilusión sosteñen Serafín Melón dende a presidencia, Martín Casais dende a coordinación deportiva, e un puñado de directivos, adestradores, pais e nais que se reúnen cada fin de semana afinando as súas gorxas para dar alento aos nenos e nenas que locen polos campos da contorna a camisola verde e negra.
O derbi que este domingo a partires do mediodía disputarán no campo Municipal de Zacande os equipos de categoría cadete do C.D. Mosteiro e do Armenteira C.F., un dos moitos nos que se veñen encontrando estas dúas entidades temporada tras temporada, será unha nova oportunidade para disfrutar do fútbol modesto, do fútbol no seu estado puro, e o deporte do Concello de Meis volverá a vestirse de gala para ver como estes xóvenes deportistas que defenden as cores dos dous equipos con categorías de fútbol base do municipio se xuntan para divertirse coa súa afección favorita. O clube verdinegro, que conta na actualidade nos seus catro equipos de fútbol base con 66 licenzas federativas, o 50% de rapaces e rapazas do concello de Meis, nunca quixo deixar de ser un elemento representativo do concello ao que pertence e, aínda que pouco a pouco se foi abrindo con orgullo a outras localidades veciñas, o que fai que hoxe en día teña nas súas filas futbolistas de case todos os concellos da comarca, o carácter meisino e o arraigo á terra que o viu nacer son unha das principais señas de identidade do clube de A Armenteira.
O desembarco esta temporada de Miro Guzmán como principal mecenas da entidade verde e negra dalle a este choque, xa de por sí de gran rivalidade, un aliciente máis para que a numerosa afección que no noso concello ten o deporte do balompé poida achegarse ata Zacande e disfrutar dun encontro no que o respecto, a deportivade e o soño por ser futbolistas dos nenos e nenas de ambos equipos debe primar por enriba de calquera outro aspecto. Por todo isto, o fútbol fará, unha vez máis, que Meis sexa unha festa.
O derbi que este domingo a partires do mediodía disputarán no campo Municipal de Zacande os equipos de categoría cadete do C.D. Mosteiro e do Armenteira C.F., un dos moitos nos que se veñen encontrando estas dúas entidades temporada tras temporada, será unha nova oportunidade para disfrutar do fútbol modesto, do fútbol no seu estado puro, e o deporte do Concello de Meis volverá a vestirse de gala para ver como estes xóvenes deportistas que defenden as cores dos dous equipos con categorías de fútbol base do municipio se xuntan para divertirse coa súa afección favorita. O clube verdinegro, que conta na actualidade nos seus catro equipos de fútbol base con 66 licenzas federativas, o 50% de rapaces e rapazas do concello de Meis, nunca quixo deixar de ser un elemento representativo do concello ao que pertence e, aínda que pouco a pouco se foi abrindo con orgullo a outras localidades veciñas, o que fai que hoxe en día teña nas súas filas futbolistas de case todos os concellos da comarca, o carácter meisino e o arraigo á terra que o viu nacer son unha das principais señas de identidade do clube de A Armenteira.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario