Nun encontro que estivo a piques de suspenderse debido á intensa néboa e ao forte temporal que azoutaba o campo de O Leixo o Armenteira Veteranos caiu derrotado por dous goles a tres na tarde deste sábado ante o Monteporreiro-Muebles El Almacén. Jorge Castro, que se está a mostrar como o xogador máis desequilibrante do conxunto verdinegro, conseguiu anotar dous tantos que parecían encauzar unha nova vitoria para os locais. Pero, un gol tras rematar un atacante pontevedrés de bolea un saque de curruncho, e dous goles cando o encontro se aproximaba á súa fin deron puxeron o marcador a favor do Monteporreiro-Muebles El Almacén, mentres a desesperación se apoderaba dos xogadores do equipo local. Na próxima fin de semana o equipo de O Leixo desprazarase ao campo de O Revel, en Vilalonga, para xogar o encontro correspondente á vixésimo segunda xornada co Centro Cultural Villalonga. que ocupa á undécima posición con vintesete puntos, nove menos ca o Armenteira Veteranos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario