Os veciños e veciñas da Armenteira, reunidos en torno a nova asociación que se atopa en proceso de constitución, decidiron poñer en práctica este ano a I Marathon de Xogos Populares. O evento inclúese dentro do programa de festas de verán que se van celebrar na parroquia, e constará de varias actividades dirixidas tanto a nenos e nenas como a adultos. O sábado 3 de setembro, a partires das 13 horas, instalarase un hinchable na praza do mosteiro de Armenteira, que continuará nesta ubicación ata as 21 horas, onde pola tarde aquelas persoas que o desexen poderán anotarse de maneira gratuita nun amplo elenco de xogos populares. Pola noite, as actividades continuarán no campo da festa, ao que será trasladado o hinchable, compartindo espazo coa actuación da orquestra Xacobeo e o Grupo M5. A organización estableceu uns prezos simbólicos para facilitar o uso do hinchable por parte da rapazada, que se estableceu en 5€, para a xornada completa, e en 2,5€ no caso da xornada reducida, é dicir, cando unicamente se acceda ao hinchable pola mañá, pola tarde ou pola noite. Estas actividades festivas volverán repetirse o sábado día 10.
Ningún comentario:
Publicar un comentario