Buscar neste blog

venres, 6 de xullo de 2018

Todo preparado para a posta en marcha da horta ecolóxica en A Armenteira

O proxecto de horta ecolóxica que dende fai meses se vén preparando en A Armenteira está a punto de botar a andar. A Asociación de Veciños e Veciñas e A Armenteira, que baixo o asesoramento da empresa Horta Agrelo, de Bueu, comezou cun programa de charlas o pasado 7 de outubro de 2017, anunciou o inminente comezo das actividades, aínda que agarda que aumente o número de participantes, para chegar ao cupo previsto. A data de inicio estaría fixada para o sábado 14 de xullo de 9:30 a 13:00 horas, a partires da cal se se desenvolverá un obradoiro de forma intensiva durante as semanas seguintes. O luns 16 de xullo continuaría a prantación dos cultivos, o luns 23 abordaríase o tema das enfermidades, o mércores 25 os tratamentos, tratando de rematar co proxecto o mércores 25, sempre que se teñan cumprido todos os obxectivos. Trataríase dun programa completo, no que aparte da prantación e do cultivo dos produtos de forma totalmente ecolóxica, se traballaría con métodos para elaborar receitas para esterco, preparados para enfermidades ou respecto da influencia da Lúa sobre o crecemento e desenvolvemento deste cultivos. Segundo sinalan dende a asociación existe a posibilidade de prantar todo tivo de produtos, a eleccion dos participantes, agás tomates, pementos e berenxenas. A leira elixida está situada no lugar de Vilar e conta cunhas condicións moi favorables para a realización das tarefas previstas, entre as que destacan o amplo espazo para as distintas parcelas, os excelentes accesos, a dispoñibilidade de auga e a dotación de sistemas de rega. Lembran que o prazo de inscrición segue aberto e que as persoas interesadas poden anotarse a través dos números de teléfono 636396652 ou 666757949.


Ningún comentario:

Publicar un comentario