Buscar neste blog

domingo, 19 de xaneiro de 2020

O Armenteira Veteranos roza a vitoria en San Vicente de O Grove

FICHA TÉCNICA
MAR DEL NORTE VETERANOS - ARMENTEIRA VETERANOS - 3 - 2
ARMENTEIRA VETERANOS: Sirra; Víctor, Charles, Óscar Muñiz, Richi;  Martín, Javi González, José Pérez, Marcial; Rubén e Jorge Castro. Tamén xogaron Moncho, Galiñanes, Manolo, Jorge Dávila, Óscar Barreiro e Yumas.
GOLES: 0-1. Minuto 26. Marcial. 1-1. Minuto 32. Juan Alarcón. 1-2. Minuto 50. Jorge Castro. 2-2- Minuto 58. Pablo Camiña.3-2. Minuto 75. Pablo Camiña.
ÁRBITRO: Núñez Veget. Mostrou cartóns amarelos a José María Meis por parte do Mar del Norte Veteranos e a Moncho, Óscar Muñiz e Yumas por parte do Armenteira Veteranos.
INCIDENCIAS: Partido da décimo cuarta xornada da Terceira Galicia de Veteranos. Grupo 2, disputado no campo de As Lampáns, en San Vicente de O Grove, ante apenas cinco espectadores, nunha tarde fría, anubrada e chuviosa por momentos, e sobre un terreo de xogo que nunhas condicións aceptables para a práctica do fútbol.
.
 CRÓNICA
O Armenteira Veteranos tivo na súa man a vitoria no partido da tarde deste sábado en San Vicente de O Grove, pero, como xa ocurriu noutras ocasións esta temporada, o triunfo, e incluso a posibilidade de puntar escapouse na recta final do encontro. As oportuninades desperdiciadas, os erros defensivos e a falta de intensidade no xogo acabaron condenando a un equipo que non acaba de saír dos postos baixos da táboa, a pesares de que o potencia do conxunto e a calidade individual dalgúns dos seus homes deberían situalo nunha situación máis cómoda. Este sábado, ante o Mar del Norte Veteranos, os verdinegros non deixaron mala imaxe. Ordenados, intentanto manter a posesión do balón con Javi e José Pérez na zona de creación e buscando a presenza de Jorge Castro en ataque os de O Leixo foron dende o principio un duro oponente para un adversario que aspira a rematar na parte noble da clasificación. Sen pasar excesivos apuros nos primeiros minutos, o Armenteira Veteranos axiña atopou o camiño da portería dos grovenses. No minuto 26 era quen de colocar na escadra un balón que recibiu no vértice esquerdo da área local. Un auténtico golazo do que apenas tiveron tempo a disfrutar os de A Armenteira, xa que uns minutos despois, Juan Alarcón, aproveitando unha asistencia dun futbolista do Armenteira Veteranos, poñía a igualada. A partires de entón mantívose o equilibrio entre os dous conxuntos, ata que, tras a reanudación, Jorge Castro culminaba unha acción de ataque ante varios defensores rivais enviando o coiro ao fondo das mallas mecas. O resultado que reflectía o marcador non parecía inxusto, tendo en conta os argumentos expostos por un e outro equipo. Tratando de reaccionar, o Mar del Norte Veteranos imprimiulle unha maior velocidade ao xogo e acabouse atopando co premio, máis por erros do rival que por acertos propios. Pablo Camiña, tras unha combinación despois dun saque de banda, e ante a escasa intensidade defensiva, enviaba un suave disparo pegado ao pau esquerdo da meta de Sirra. Non conformes coa igualada os locais foron a pola vitoria e de novo víronse favorecidos polo desacerto do Armenteira Veteranos. O protagonista da remontada sería outra vez Pablo Camiña, que conectou un testarazo na área pequena, sen apenas oposición, poñendo o definitivo tres a dous no marcador. De nada valerían as últimas arremetidas dun Armenteira Veteranos que ademais vía como o seu principal referente ofensivo, Jorge Castro, lastrado por uns problemas físicos, terminaba con moitas dificultades o encontro. Esta derrota deixa ao Armenteira Veteranos na décimo novena posición, con sete puntos, un posto que podería abandonar de vencer no partido da próxima xornada ao Carballo de Portela A.C.D., décimo cuarto clasificado con doce puntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario