Buscar neste blog

venres, 3 de xaneiro de 2020

O lugar de Valboa segue sen solución ao problema do alumeado público

Dúas semanas levan agardando en Valboa a que se lle poña solución ao problema do alumeado público. Neste núcleo, un dos máis extensos e que conta cunha maior número de vivendas e habitantes da parroquia de A Armenteira, un problema técnico é o causante de que durante as noites as luces que se sitúan ao pé dos fogares e das vías de circulación permanezan apagadas. Unha situación que repercute ademais na conexión á rede internet, dependente do suministro eléctrico do que provén o alumeado público. Tras poñerse en contacto tanto tanto coas empresas responsables como co Concello de Meis a desesperación dos veciños e veciñas vai en aumento. Segundo se indica dende a institución municipal o problema radica nunha avaría nun contador pertencente á empresa Naturgy, a antigua Unión Fenosa. Os intentos de restablecer o alumeado por parte do Concello resultaron inútiles, pois durante os últimos días un operacio do Concello estívose desprazando diariamente ata Valboa para activar a chave do contador pero, ao chegar a noite, un fallo provocaba que esta volvese a saltar, deixando de novo á aldea sen luz. Por este motivo fai uns días que transmitiron a información da incidencia a Naturgy, e reiteiran que continuarán insistindo ata que esta empresa multinacional non repare a deficiencia. Cabe lembrar que as queixas respecto ao servizo que presta Naturgy estanse convertendo nunha tónica habitual en A Armenteira, como ocurriu a finais do pasado mes de novembro cando en lugares como Castiñeira, Couso, Silván ou O Batán estiveron sen suministro eléctrico ao longo de quince horas. Deficiencias deste tipo, ou como a que están sufrindo no lugar de Valboa, acaban irritando á poboación contra compañía suministradora, tendo en conta o alto prezo a pagar por un servizo que ademais soporta continuas subas ano tras ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario