Buscar neste blog

mércores, 28 de marzo de 2018

A Armenteira prepárase para as súas festas máis populares

A parroquia de A Armenteira vive estes días nun ambiente especialmente festivo. Tan só a ameaza de choiva parece poñer en perigo a celebracións duns festexos que converten durante a Semana Santa a este lugar nas ladeiras do monte Castrove nun dos centros neurálxicos da comarca de O Salnés. Esta tranquila paraxe cambia nesta época do ano o seu aspecto e adopta un colorido especial. A elo contribúen as furgonetas e camións dos vendedores ambulantes e a presenza de numerosos camiñantes que se achegan ata o entorno do mosteiro cisterciense pola Ruta de Pedra e da Auga, entre os cales está un dos máis habituais, o presidente do Goberno de España Mariano Rajoy, que se deixou ver este xoves pola zona. Pero os días fortes serán o a partires do domingo 1 de abril. Abrirá o programa a XVI Festa da Xuventude, que contará coa actuación dos grupos Picadura e Champurada e coa ambientación musical DUE. A máxima efervescencia festiva terá lugar o luns de Pascua, o 2 de abril coa celebración da romaría popular na honra da Virxe das Cabezas, na que se mesturan fervor relixioso, espíritu deportivo e aventureiro, gañas de disfrutar da natureza e da paisaxe, e, principalmente, festa na máxima expresión da palabra. Andando a través da Ruta da Pedra e da Auga ou das diversas vías que conducen ao lugar, en bicicleta, a cabalo ou en coche, agárdase que se conten por miles os visitantes que accedan ata o lugar. O peche do programa festivo virá coa celebración da verbena na honra da Virxe dos Dolores, que convocará aos festeiros e festeiras na noite do sábado 7 de abril no campo da festa para deixarse levar polos pegadizos ritmos das  orquestras D`Moda e Jerusalén. Dende a Comisión de Festas O`Noso, responsable da organización deste programa de eventos só desexan que o tempo acompañe. As previsión meteoróloxicas adversas son a principal preocupación dos membros desta veterana asociación, así como de todas aquelas persoas que levan tempo facendo plans para disfrutar dos tradicionais "días de A Armenteira".


Ningún comentario:

Publicar un comentario