FICHA TÉCNICA
ARMENTEIRA VETERANOS - A.C.D. J.L. SANMARTÍN-RUBITEL - 1 - 2
ARMENTEIRA VETERANOS - A.C.D. J.L. SANMARTÍN-RUBITEL - 1 - 2
ARMENTEIRA VETERANOS: Óscar Muñiz; Jorge Dávila, Carlos Castro, Óscar Barreiro, Richi; Charles, José Pérez, Javi González; Marcial, Víctor; e Rubén. Tamén xogaron Galiñanes, Manolo, Yumas e Avelino.
GOLES: 0-1. Minuto 24. Pablo Martínez. 1-1. Minuto 47. Gonzálo González. 1-2. Minuto 50. Galiñanes. .
ÁRBITRO: Velasco García. Mostrou cartóns amarelos a Charles por parte do Armenteira Veteranos e a Javier Córdoba por parte da A.C.D. J.L. Sanmartín-Rubitel.
INCIDENCIAS: Partido da undécima xornada da Terceira Galicia de Veteranos. Grupo 2, disputado no campo de O Leixo, con apenas cinco espectadores, nunha tarde fría, anubrada e chuviosa por momentos, sobre un terreo de xogo que nos primeiros minutos estivo cuberto pola néboa e que se atopaba nunha condicións aceptables tendo en conta o estado que presenta habitualmente este campo.
.
.
CRÓNICA
O Armenteira Veteranos pagou caros os erros cometidos no partido que disputou na tarde deste sábado ante a A.C.D. J.L. Sanmartín-Rubitel. A falta de acerto na definición e certas indecisións en defensa condenaron a un conxunto que comparecía de novo con baixas de importancia. Nesta ocasión o grupo de ausentes encabezábano pezas clave no equipo o meta Sirra, o mediocampista Martín ou o dianteiro goleador Jorge Castro. O encontro comezou de forma propicia para os locais. Co forte vento que soprando a favor, o Armenteira Veteranos convertiuse no claro dominador durante os primeiros minutos. O control do xogo e as accións de ataque trazadas principalmente por Charles, Javi González e José Pérez na zona de creación non se acababan traducindo en ocasións de gol. Con todo, sería o cadro visitante o primeiro en aproximarse con relativo perigo á area rival. Tras un córner lanzado polo Armenteira Veteranos, os de Pontevedra armaron un contragolpe aproveitando as dúbidas á hora de despexar e a descolocación da zaga local. Afortudamente para os verdinegros neste caso non estiveron acertados, feito que non ocorrería no minuto 24, cando un balón en profundidade a Pablo Martínez polo costado esquerdo atopábase co gardamallas Óscar Muñiz a media saída, permitindo que o atacante pontevedrés enviase un axustado disparo que se colou na rede pegado ao pau dereito da meta verde e negra. A inxustiza que reflectía o marcador non fixo desistir ao Armenteira Veteranos, que continou buscando a portería adversaria, aínda que novamente con escaso acerto. Os balóns que chegaban aos dianteiros locais non o facían nas condicións axeitadas para que puidesen acomodarse e rematar con comodidade entre os tres paus. No segundo período, nada máis comezar, un saque de meta de Óscar Muñiz caía nos pés de Gonzálo González, que dende aproxidamente o círculo central, conectaba un forte zapatazo que se acabou colando polo centro da meta, a escasos centímetros do longueiro. Tratou de reaccionar o Armenteira Veteranos meténdondolle máis ritmo ao xogo. A recompensa veu por fin no minuto 50, tras unha volea a reviravolta que Galiñanes foi quen de colocar na escadra esquerda da meta defendida por Roberto Ogando. Todo parecía indicar que o empate estaría próximo, pero os ataques verdinegros chocaban unha e outra vez coa falta de puntería dos seus atacantes. Marcial, Víctor, Rubén, Javi González, Galiñanes... dispuxeron de oportunidades para anotar o segundo tanto, pero ningún deles tivo fortuna. Este resultado, a todas luces inxusto a tenor do mostrado sobre o terreo de xogo, deixa ao Armenteira Veteranos na décimo oitava posición, con sete puntos. Na próxima xornada os verdinegros disfrutarán doutra ocasión de seguir sumando no encontro que os medirá o sábado, 21 de decembro, ao Godos C.F. Veteranos, un conxunto que se atopa un posto por debaixo dos de A Armenteira e cun punto menos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario