Este domingo, como cada 17 de xaneiro, a parroquia de A Armenteira celebra as festas na honra de San Antonio Abad, santo patrono dos lugares da parroquia situados ao norte do lugar no que se atopa a capela adicada a este santo. Xentes dos distintos lugares de A Armenteira e dos arredores acudirán como cada ano á misa solemne que terá lugar na capela que se localiza no lugar de San Mamede, a escasos metros do esplendoroso mosteiro cisterciense que da fama ao lugar. A apretada axenda do párroco Don Ramón Fernández, que dende fai trinta e sete anos exerce o ministerio relixioso en A Armenteira, parroquia que comparte dende fai uns anos coas de Santa Cristina de Cobas, San Martiño de Padrenda, no veciño concello de Meaño, e coa de San Martiño de Meis, fixo que a cerimonia relixiosa tivera que trasladarse ás 14 horas. A continuación terá lugar unha actuación do grupo folclórico Os terribles de Arousa a e as tradicionais poxas de diversos produtos agrarios que os veciños ofrecen ao santo para que dea protección aos seus animais domésticos. O día de San Antonio Abad é un día especial en toda a parroquia, sobre todo en lugares como San Mamede, Castiñeiras, Fofán, Couso, Gondes, As Pereiras e Cabeza de Boi, no que as familias se soen reunir para xantar e pasar este día desta celebración tan arraigada na parroquia. O luns día 18 será o segunda día de festas e a a capela de San Antonio volverá a acoller aos feligreses que desexen asistir ás misas que se celebrarán ás 10 e as 13 horas.
Sin animo de critica ,todo o contrario ,D.Ramon non leva 37 anos aqui .Sinon me equivoco as primeiras comunions q fixo na armenteira foron as da miña quinta ,as dos nacidos no 72 ,as anteriores fixeras o cura de barrantes ,eu tiña 9 anos ,si votamos contas el chegou pouco antes ,ou finales do 80 xa q as comunions do 80 non as fixo el ou principios do 81
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar