A xornada desta fin de semana vai deparar uns partidos de gran intensidade e ante rivais próximos para os equipos de categoría benxamín, cadete e alevín do Armenteira C.F., os tres que van ter competición, ante o obrigado descanso para o equipo de categoría infantil.
O primeiro en comezar a rodar será o equipo benxamín. O conxunto que está dirixindo Víctor Saborido visita o campo da Área Recreativa de A Toxa, unha instalación deportiva que se atopa a escasa distancia do campo de O Leixo, para medirse ao Meaño F.C., actual líder do grupo. Ante o claro favoritismo dos locais os rapaces e rapazas do Armenteira C.F. sairán ao terreno de xogo coa bravura e a garra que os caracteriza, con gañas de seguir aprendendo e progresando na que é a primeira temporada de experiencia no fútbol para a maioría dos compoñentes deste equipo.
O equipo cadete disputarábante o C. Xuventú Sanxenxo un partido que se convertiu nun clásico do fútbol base nos últimos anos. Será no campo de Baltar de Arriba o sábado a partires das 11:30 horas. A proximidade e o coñecemento que existe entre uns e outros fan deste encontro un enfrontamento de rivalidade no cal ambas escadras agardan ofrecer un bonito espectáculo. O equipo de O Leixo atópase na séptima posición, con dezaséis puntos, terá en fronte a un rival que conta con sete puntos e se sitúa na duodécima posición, pero que de seguro non vai a resultar un rival cómodo para o cadro verdinegro. Marcial Prado, o técnico verdinegro, parece que vai poder contar con case todos os seus efectivos, pero a pouca amplitude do seu plantel obrigarao a convocar a algún xogador do equipo infantil.
Finalmente, o equipo alevín volverá a disputar este fin de semana un encontro intenso e do que se agarda un atractivo espectáculo deportivo para todos aqueles que se despracen ata o campo da Área Recreativa de A Toxa, para medirse, ao igual ca o equipo benxamín, a un conxunto do Meaño F.C. O empate a vintecinco puntos que reflicte a táboa clasificatoria fai prever un enfrontamento igualado , no que os visitantes intentarán resarcirse da derrota por cero goles a tres que lle infrinxiron os meañeses no partido da primeira volta, no cal o desacerto ante a portería rival, os despistes defensivos e o mal estado do terreo de xogo condenaron aos de Jonathan Crespo. O técnico valgués agarda mostrar a solidez e o espíritu competivo da última xornada, na que impuxeron ao C. Xuventude Cambados, aínda que para esta ocasión non poderá volver a contar co zagueiro Fran nin tampouco co mediocampista Mosteiro, que sufriu unha lesión no adestramento deste xoves.
Ningún comentario:
Publicar un comentario