Nunha tarde plácida, cunhas temperaturas impropias para o mes de xaneiro e nunhas condicións inmellorables para a práctica do fútbol o Armenteira Veteranos logrou impoñerse con claridade ao conxunto cangués do Montecarrasco Veteranos. A debilidade do rival, último clasificado do grupo 4A, que acudiu a O Leixo con só doce xogadores, púxose de manifesto dende o inicio do encontro. Dous goles de forma consecutiva de Manueliño, outro de Galiñanes e outro de Javi, nunha certeira cabezada, deron unha vantaxe de catro goles a cero ao descanso para os locais. Só a relaxación da segunda metade impediu que o Armenteira Veteranos acadase máis goles, desperciando numerosas ocasións nas continuas chegadas á área rival.a pesares de contar con varias oportunidades claras de anotar nas numerosas chegadas á area rival.Un gol nun golpe franco nas postrimerías do encontro deixou con mellor sabor de boca ao Montecarrasco e fixou un catro a un final que permite que o equipo de A Armenteira se afiance na novena posición con trinta e tres puntos.Como nota negativa a lesión do meta Joserra, que tivo que abandonar o encontro na segunda metade con molestias no xeonllo dereito. Na próxima fin de semana o equipo verdinegro debe visitar o feudo do Pescados Nieves, ante o que caiu derrotado na primeira volta, que que agora se atopa na décimo cuarta plaza con quince puntos menos ca o cadro de O Leixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario