O
Armenteira C.F. volveu a estar representado na fase previa do torneo
internacional de categoría alevín Arousa Fútbol-7, disputada no campo Manuel
Jiménez de Vilagarcía de Arousa durante as xornadas deste xoves e este venres.
O cadro dirixido por Jonathan Crespo acudiu a esta cita cunha convocatoria de
quince xogadores e xogadores, cifra máxima que permite o torneo, no cal foi
encadrado no grupo D xunto a rivais como a E.D. Xuventude Oroso, o San Tirso
S.D. "A", O Hernani Gonçalves
e a E.D. Ourense “B”. O nivel destes equipos, pertencentes a potentes escolas
de fútbol cun número de rapaces e rapazas e cuns recursos moi superiores aos
que posúe o Armenteira C.F. facían
presaxiar que os resultados non serían moi favorables.
Derrotas por cero
goles a dez fronte á E.D. Xuventude Oroso, por cero goles a cero fronte ao San
Tirso S.D. “A”, por sete a un fronte ao Hernani Gonçalves e por sete a cero
fronte a E.D. Ourense “B” son un claro indicativo desta evidente diferenza de
nivel. Cabe destacar o gol de Zubo fronte aos ourensanos, aproveitando un balón
longo despexado por Fran que, tras controlalo coa cabeza foi capaz de chegar
fronte ao porteiro rival nunha dura pugna co defensa e cruzarla sobre a súa
saída. Polo demais, dende a entidade verdinegra sinálase que a experiencia foi
altamente enriquecedora, permitindo que todos os xogadores e xogadoras
desprazados ata Vilagarcía dispuxesen de minutos e puidesen disfrutar dun
evento que está considerado entre os mellores torneos de fútbol base que se
celebran en España. A imaxe do Armenteira C.F. son quedou a gran altura polo
excelente traballo do corpo técnico e polo exquisito comportamento do grupo de
xóvenes futbolistas, que ademais para esta ocasión luciron unha equipación completa
con chándal, sudadera, cazadora, mochila, polo ou chubasqueiro, que fixo que
nada tiveran que envexar a calquera outro clube dos que participaron no que a
este sentido se refire.
Ningún comentario:
Publicar un comentario