A intensa choiva, o vento, as baixas temperaturas e a superficie embarrada do terreo de xogo de O Leixo condicionaron o partido correspondente á undécima xornada de liga que disputaron este sábado sobre o terreo de xogo do campo de O Leixo o Albariño Cambados e o Armenteira Veteranos. O conxunto verdinegro presentou un once inicial con Joserra en portería, Óscar Portas, Marcos , Carlos e Jorge Dávila en defensa, Martín, Javi, Cacabelos e Marcial no medio campo, e Jorge Castro e Manueliño en posicións avanzadas. Nun escenario que parecía máis propio para a práctica de deportes náuticos o frío e a falta de intensidade foron apoderándose dos futbolistas e, unidos a unha serie erros defensivos, provocaron que o partido se decantase do lado visitante xa ao finalizar os primeiros corenta e cinco minutos o partido. Cun cero a tres de vantaxe ao descanso resultaba pouco probable que a vitoria se lle escapase aos cambadeses. E así foi. A debilidade defensiva do Armenteira Veteranos foi unha contante, axudada en boa medida pola lama que cubría O Leixo, e foi habilmente aproveitada neste partio polo Albariño Veteranos para deixar practicamente sentenciado o partido na primeira metade. Pese a que os locais gozaron de ocasións suficientes para darlle emoción á cita o marcador permanecería inalterable neste segundo período. Este resultado sitúa ao cadro verde e negro na décima praza con dezasete puntos, á espera de visitar na próxima xornada o campo de Berdón, en Vilagarcía de Arousa, para medirse ao Multitiendas S.D., un equipo que se atopa no noveno posto cos mesmos puntos que os de A Armenteira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario