O Armenteira C.F. inicio este xoves 28 de xullo unha campaña de presentación en sociedade a través da que pretende dar a coñecer tanto as novidades como as continuidades para a temporada 2016/2017. Para elo, os dirixentes da entidade de O Leixo decidiron utilizar lugares emblemáticos da parroquia como escenario para as fotografías que ilustran as publicacións, co que tratan de conxugar o deporte e a formación co patrimonio histórico, artístico, cultural e natural que tanto abunda na parroquia. Estas publicacións realizaranse a través das redes sociais nas que o clube está presente e serán o preludio ao acto presentación común de todos os equipos que terá lugar o 15 de agosto ás 11:30 horas no campo de O Leixo, para o que están preparando importantes sorpresas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario