Buscar neste blog

venres, 22 de xullo de 2016

O Armenteira C.F. ultima a configuración do seu corpo técnico

A presentación este mércores de Valentín Estévez como adestrador do equipo infantil do Armenteira C.F. para a próxima temporada é o primeiro paso de cara a configuración dun plantel técnico que se prevé con algunha interesante e chamativa novidade. Asegurada a continuidade do tándem formado por Marcial Prado e Víctor Saborido, as xestións da Xunta Directiva céntranse agora en contratar algún técnico de renome e de recoñecido prestixio no fútbol comarcal, para que, xunto co aporte dos colaboradores técnicos da casa, dar por rematada a configuración do cadro de adestradores. O novo proxecto da entidade verdinegra preséntase máis ilusionante ca nunca, e pretende ser unha evolución na traxectoria dun clube que está inmerso nun proceso de cambios que deben conducir ao seu relanzamento e á súa consolidación como un dos principais referentes do fútbol base da contorna. A partires da próxima semana, coa configuración do cadro técnico case finalizada, será o turno do plantel de xogadores, que está previsto que sexa presentado de maneira oficial mediante unha novidosa e vistosa posta en escena.



Ningún comentario:

Publicar un comentario