Valentín Estévez "Tilín" foi presentado na tarde deste mércores como adestrador do equipo infantil do Armenteira C.F. para a temporada 2016/2017. O acto de presentación, que tivo lugar nas instalacións do campo de O Leixo e no entorno do famoso mosteiro cirtenciense, serviu para dar a coñecer esta nova aposta coa que a Xunta Directiva decide impulsar o proxecto para unha campaña que din afrontar con máis gañas e ilusión ca nunca. O técnico cambadés incorporouse á entidade verdinegra na temporada 2014/2015 como membro do corpo técnico do equipo alevín que dirixía Jonathan Crespo, e durante a pasada campaña adestrou ao equipo benxamín. Dende a Xunta Directiva coinciden en valorar a valía e a experiencia no mundo do fútbol de "Tilín", que terá ao seu cargo un conxunto que vai competir na Segunda Autonómica e que parte coas expectativas de continuar co proceso de formación dos xogadores e xogadoras e de mellorar de forma substancial os resultados acadados a pasada temporada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario