O alcalde do Concello de Meis, José Luis Pérez, ven de difundir, en nome da institución que representa, un bando no que obriga aos veciños e veciñas as súas propiedades. No mesmo indícase, tendo como base a lexislación vixente, que "todos os veciños teñen a obriga de manter as súas propiedades limpas de vexetación e en perfectas condicións de salubridade, ornato e decencia". Asimesmo, insístese na "prohibición de que a vexetación das fincas particulares invada as rúas e camiños públicos" e afírmase que "en caso contrario, dendo o Concello procederase a sancionar aos donos das parcelas". A publicación deste bando ven a colación da polémica suscitada polas protestas da veciñanza a causa da penosa e lamentable imaxe que esta situación da do Concello aos numerosos turistas que o visitan nesta época do ano, do risco de incendios forestais e da invasión dos bordes dos viais públicos por parte da maleza, o que dificulta a circulación e pon en perigo a seguridade viaria. A medida foi acollida con división de opinións entre as xentes do municipio e da parroquia de A Armenteira, pois mentres algúns a entenden como lóxica e razonable, sobre todo no caso das fincas particulares, outros afirman que se trata dun agravio comparativo con outros Concellos da comarca, no que a institución municipal é a que se encarga de limpar de maleza os bordes dos viais. Afirman ademais que o pagamento de impostos, que sufriron unha importante alza nos últimos tempos, é xa suficiente e que non deberían os veciños e veciñas os que se corresen co traballo e cos gastos de mantemento duns espazos que son de uso e disfrute público, e recordan que en vías como a Ruta da Auga e da Pedra, pola que soe transitar Mariano Rajoy, mantéñense limpos os bordes sen pedir ningunha responsabilidade aos propietarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario