Buscar neste blog

domingo, 31 de xullo de 2016

Armenteira consolídase como lugar de moda outra fin de semana máis

Se fai uns días un xornal calificaba a A Armenteira como o "rincón de moda", esta fin de semana a nosa parroquia volveu a poñer en evidencia o seu enorme poder de atracción. Neste caso foron unha concentración mototurística, coas tradicionais Vespas, e unha concentración canina ás que congregaron a un importante número de persoas nos arredores do mosteiro cisterciense, que se uniron ao magnífico ambiente que durante o verán, e especialmente nas fins de semana, loce este marabilloso entorno. As visitas dos turistas, a chegada de sendeiristas e afeccionados á bicicleta pola Ruta da Auga e da Pedra, os fieis que acoden aos oficios relixiosos, os asistentes ás habituais vodas ou as persoas que simplemente queren disfrutar do impresionante cóctel de posibilidades que ofrece A Armenteira mentres toman unha copa e degustan as abondosas e deliciosas tapas que ofrecen os locais de hostelería dan á parroquia e en concreto a este entorno un aire cosmopolita que o sitúa sen dúbida entre os lugares de máis de moda das Rías Baixas. O éxito que tiveron recementemente inicativas como a festa de San Xoán ou o Armenteira Jazz anima parece animar ás entidades asociativas da parroquia a programar novos eventos que complementen a xa de por sí rica oferta que se da que poden gozar os visitantes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario