A xornada desta fin de semana, a vixésimo cuarta no que vai de liga, traerá unicamente dous partidos para os equipos de fútbol base do Armenteira C.F. Será os que disputen o equipo cadete no campo de O Leixo contra o Moraña C.F. e o equipo benxamín contra o C.D. Mosteiro no campo Municipal de Zacande.
O equipo cadete disputará a este sábado partires das 11:30 no campo de O Leixo o partido fronte ao Moraña C.F. que debía terse celebrado na súa totalidade o 13 de febreiro, pero que o colexiado suspendeu cando se levaban soamente cinco minutos de xogo alegando que a néboa impedía ter unha visibilidade suficiente, feito moi discutido polos representantes de ámbolos dous equipos. Polo tanto o encontro reanudarase co resultado de cero a cero que figuraba nese momento no marcador, agardando que o mal tempo que se anuncia para o sábado non volva ser motivo para que o colexiado encargado de dirixir o partido, González Caramés, decida suspendelo de novo. Sobre o papel preséntase coma un duelo igualado xa que só tres puntos separan aos morañeses co conxunto conxunto que dirixe Marcial Prado, que ocupan a sexta e a sétima posición respectivamente. No encontro da primeira volta o Armenteira C.F. chegou a ir gañando por cero goles a dous, pero foi acabou sendo derrotado por tres goles a dous cun gol dos vermellos no último minuto que a afección verdinegra reclamou como fóra de xogo. Todo isto fai que a cita deste sábado sexa crucial para a futuro dos dous equipos no que resta de temporada.
Nunha fin de semana na que se disputa un F.C. Barcelona-Real Madrid e un Celta-Deportivo o concello de Meis volverá a vivir un novo derbi municipal. Será o que disputen no campo municipal de Zacando o sábado a partires das 12 horas os equipos de categoría alevín do C.D. Mosteiro e do Armenteira C.F. A diferenza de novo de nove puntos na clasificación entre os locais, décimo sextos clasificados, e o cadro verdinegro, que ocupa a décimo oitava praza, podería facer penser que se podería tratar dun duelo igualado, pero a maior experiencia e o maior potencial exhibido polo conxunto da capital do municipio no que levamos de temporada outorgalle a estes o papel de favoritos. Con todo, os rapaces e rapazas que adestran Valentín Estévez e José Ramón Dacosta tentarán manter a ilusión e as gañas por seguir progresando e disfrutanto do fútbol que os caracterizan dende o inicio desta campaña. Para a cita deste sábado o técnico cambadés non poderá contar nin con Ainhoa nin con Brais Charlín, dúas baixas sensibles para un conxunto xa de por sí bastante debilitado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario