Buscar neste blog

venres, 13 de maio de 2016

Os equipos de fútbol base do Armenteira C.F. afrontan esta fin de semana unha nova xornada de liga

Os equipos de fútbol base afrontan esta fin de semana unha nova xornada de liga, a trixéxima no que vai de liga, na que unicamente o equipo infantil, que finalizou a liga fai un mes, poderá gozar dun merecido descanso durante este sábado e domingo.

O equipo cadete desprázase ata o campo de Berdón, en Vilagarcía de Arousa, onde a partires das 10 horas se vai medir á A.D. Arousa F-7, coa arbitraxe de Díaz Jiménez. Trátase dun duelo directo entre o cadro local, oitavo clasificado con trinta e tres puntos, e o conxunto de O Leixo, sétimo clasificado con trinta e catro puntos. Polo tanto, trátase dun encontro vital para os rapaces que adestran Marcial Prado se non queren verse superados polos vilagarcianos e de cara a manter as súas aspiracións de alcanzar o quinto posto, que actualmente ocupa a E.F.B. Vilanova.

O equipo benxamín, pola súa contra, visita o campo de As Chans, para enfrontarse o sábado a partires das 10:30 horas, coa arbitraxe de López Pedreiro, a un máis que compricado rival, a S.D. Pontearnelas, un conxunto que está situado na terceira posición con setenta e catro puntos, e que está en plena loita polo campionato de liga e polo ascenso á Primeira Categoría Benxamín. O cadro técnido da formación verdinegra contará de novo coas baixas do defensa Ramón, do mediocampista Antonio e do dianteiro Brais Charlín, que suporán unha dificultade engadida para unha cita tan esixente como a deste sábado. Con todo, os rapaces e rapazas que dirixen Valentín Estévez e José Ramón Dacosta irán coa ilusión de seguir progresando e aprendendo desta nova experiencia.

Para finalizar os encontros desta fin de semana para o Armenteira C.F. o equipo infantil recibe no seu feudo do campo de O Pombal, en Cambados,  a visita da C.D. Portas. O encontro, que será arbitrado por Solla Placer, medirá aos dous últimos clasificados do grupo, xa que ámbolos dous conxuntos suman unicamente un punto no que levamos de temporada e agardan con ansia a primeira vitoria. Será un encontro trascendental de cara á clasificación final dos dous conxuntos, polo cal o cadro técnico que forman Martín Casais e Jonathan Crespo centrouse esta semana en tratar de concienciar aos seus xogadores da importancia deste partido. A falta de confirmación oficial a escadra verdinegra parece que non vai poder contar de novo con todos os seus efectivos, polo que se verá obrigada a recurrir á convocatoria de algún xogador do equipo alevín.





















Ningún comentario:

Publicar un comentario