O campo Municipal de Campaña, no concello pontevedrés de Valga, acolle este sábado a partires das 17 horas o encontro que medirá ao cadro local do Salud S.D. Veteranos e ao Armenteira Veteranos. O conxunto de O Leixo agarda coa progresión das últimas xornadas e poder escalar algunha posición na táboa. A sexta posición con sesenta e dous puntos dos verdinegros outórganlle o papel de favorito ante unha escadra valguesa que se atopa no décimo sexto posto con vintecatro puntos. Pero os xogadores que capitanea José Luis Galiñanes queren fuxir de calquera tipo de favoritismo e buscarán un novo triunfo nun partido para o que non poderán contar con algunhas pezas clave do equipo como é caso do mediocentros Javi e Martín e dos interiores Marcial, Alfonso e Chicho.
Ningún comentario:
Publicar un comentario