Buscar neste blog

venres, 6 de maio de 2016

Os equipos benxamín e cadete do Armenteira C.F., protagonistas da xornada desta fin de semana

A nova luctuosa do falecemento nun tráxico accidente de tráfico ocorrido na parroquia meañesa de Padrenda do pai do xogador do equipo infantil do Armenteira C.F. Kevin Domínguez, que obrigou ao aprazamento do partido que este conxunto ía disputar no campo de A Senra 2 ante o C.D. Ribadumia, converte aos equipos benxamín e cadete nos únicos equipo do clube verdinegro que terán partido esta fin de semana.

O equipo benxamín recibe no campo de O Leixo, o sábado a partires das 11:30 horas, á S.D. Amanecer, coa arbitraxe de Santiago Garrido. O corpo técnico que forman Valentín Estévez e José Ramón Dacosta non poderá volver a contar con todo o seu plantel, e contará con baixas tan importantes como a de Andrés Fernández na zona defensiva. Con todo, na convocatoria de once xogadores destaca a presenza dalgún dos pesos pesados do equipo como os gardametas Sara Otero e Sergio Matilde, o defensa Mateo, o mediocampista Brais Santamaría ou o dianteiro Brais Charlín. A dificultade do rival, que ocupa a décima posición, con corenta e un punto, suporá outra dura proba para este conxunto que pretende continuar coa súa lenta progresión na formación como futbolistas.

O equipo cadete, pola súa contra, recibe na mañá, do domingo, a partires das 11:30, no campo de O Leixo, á E.D. Arousa S.D. na que será a segunda eliminitario na Copa Deputación de Pontevedra. Tras superar á S.D. Chispa nunha agónica quenda de penalties, o conxunto que adestran Marcial Prado e Víctor Saborido terá agora en fronte a un cadro de enorme potencial, ao que a maioría dos entendidos sitúan como o principal favorito a facerse co título desta competición. A escadra vilagarciana, que ven de finalizar a liga a pasada fin de semana, realizou unha excelente campaña, na que finalizou como líder destacado na Primeira Autonómica Cadete, conseguindo o ascenso á Liga Galega con varias semanas de antelación. Os datos dan o papel de claro favorito á E.D. Arousa, pero os rapaces do conxunto verdinegro queren apelar ao seu espíritu competitivo e pretenden convertir ao Leixo nun fortín para facer fronte a tan duro opoñente. Ao vencedor deste encontro, que arbitrará o colexiado González Fervenza, agardarao á S.C.D. Pontecaldelas, que ven de eliminar nesta segunda rolda ao Atlético Cuntis.


Ningún comentario:

Publicar un comentario