Buscar neste blog

mércores, 18 de xaneiro de 2017

A capela de San Antonio congrega un ano máis a numerosos fieis

A capela de San Antonio, situada no lugar de San Amedio, ao pé da estrada que sobe cara o mosteiro cistercierse de Armenteira, do que o separa aproximadamente un quilómetro, convertiuse un ano máis no lugar de reunión para os fieis e os festeiros en xeral que quixeron disfrutar os días 17 e 18 de xaneiro dunha das festas máis tradicionais e con máis arraigo na parroquia, a celebración na honra de San Antonio Abad. O día grande, o martes 17 foron máis de persoas as que acudiron á misa solemne oficiada polo cura párroco Don Ramón Fernández, que foi seguida ,como todos os anos, dunha procesión que arrodeou a capela e das características poxas. Argimiro Torres, todo un veterano nestas lides, foi o responsable de poxar os animais e os produtos campestres ofrecidas polos devotos. Galos, carneiros ou lacóns foron subastados entre os asistentes, que decidiron afrouxar o seu peto, como a ocasión o requiría, e chegaron a entregar ata 50 euros por algunha destas pezas.  Algúns destes incondicionais fieis volveron acudir o mércores 18, o tracionalmente coñecido como o "día dos callos", por ser este un prato habitual neste día. Tras o oficio relixioso, as poxas fixeron a súa aparición por segunda xornada consecutiva. Os veciños e veciñas pasaron unhas mañás entretenidas, nas que a charla e a leira se mesturaron co estourido dos foguetes e fixeron que non se botase en falta a actuación musical que, por primeira vez en moitos anos, non puido levarse a cabo. Para completar este animado panorama festivo, as familias volveron xuntarse en torno a unha mesa para disfrutar de copiosos banquetes familiares nos que os mariscos, os callos, o cocido e o carneiro son manxares máis ca obrigados. Unha partida de cartas acompañadas dun café con augardente do país serviron para alongar uns festexos que nin o paso do tempo, nin o feito de non coincidir en día laborable, nin tampouco a vaga de frío siberiano destes días puideron impedir que se desenvolvesen con éxito un ano máis.





Ningún comentario:

Publicar un comentario