Buscar neste blog

sábado, 21 de xaneiro de 2017

Partido con alternativas entre os equipos de categoría alevín da A.X. Saraiba do Mar e do Armenteira C.F.

O Armenteira C.F. e a A.X. Saraiba do Mar disputaron este sábado no campo de O Leixo un entretido partido con alternativas para ámbolos dous bandos. O cadro local saltou ao campo sen o ritmo e a concentración suficiente, o que foi aproveitado pola escadra de Portonovo para marcar distancias. Co resultado de cero a tres o golazo de Brais Charlín, despois dun excepción zapatazo coa perna dereita, non puido dar posibilidades de remontada aos nenos e nenas que adestran Luis e Alba Barral. Xa no segundo período, de novo  Brais Charlín anotaba o segundo e último tanto dos de A Armenteira. Non foi un mal partido o da escadra verdinegra, pero superioridade táctica e a maior capacidade de definición dos visitantes déixaa sen puntuar outra xornada máis. O resultado final de dous goles a seis mantén ao Armenteira C.F. na oitava praza á espera de visitar a próxima fin de semana o campo de A Bouza, en A Illa de Arousa, para medirse ao Céltiga F.C., segundo clasificado con trece puntos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario