Buscar neste blog

sábado, 14 de xaneiro de 2017

Ousmane Sene sentenza ao equipo benxamín do Armenteira C.F.

Ousmane Sene, un potente e habilidoso extremo zurdo que milita nas filas da A.C.D. Ancorad´ouro F.S. foi un auténtico pesadelo e marcou as diferenzas entre o seu equipo e o conxunto alevín do Armenteira C.F. no partido que disputaron na mañá deste sábado no campo de Chan de Piñeiro, na parroquia marinense de San Tomé de Piñeiro. O cadro que dirixen Luis e Alba Barral, que contaba coa sensible baixa de Ainoha, conseguiu meter ao rival no seu campo nos primeiros minutos, impulsados pola habilidade de Brais Charlín polo costado esquerdo e polos desmarques que debuxaba Uxía na punta de ataque. Pero tras unha xogada na que os visitantes reclamaron penalti sobre Brais Charlín a A.C.D. Ancorad´ouro armou un contragolpe que finalizou nos pés de Ousmane Sene que, internándose pola banda dereita, desfíxose de varios contrarios ata colocar o coiro no fondo das mallas defendidas por unha Sara Otero que retornaba á portería dos de A Armenteira. A partires de entón, catro goles de forma case consecutiva dos marinenses  deixaron sen capacidade de reacción ao conxunto verdinegro que, a pesares de reaccionar na segunda metade e tratar de entrar unha e outra vez na área rival, foi vítima da súa falta de claridade e fluidez en ataque, mentres os locais volvían aproveitar a velocidade e o desborde de Ousmane Sene para que este, batendo a Lucas Otero con dous potentes zurdazos, puxese o sete a cero co que rematarían os cincuenta minutos, con catro tantos do dianteiro de orixe africana. A próxima fin de semana a formación benxamín do Armenteira C.F. terá outra compricada cita ante a A.X. Saraiba do Mar, que ocupa o segundo posto na clasificación con dez puntos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario